Barreiros

01/07/2026

A asociación Mariña Patrimonio anima a participar nos dous actos do Festival Atlántica que se celebrarán este venres, día 3 de xullo de 2026, en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, e nos que colabora ese colectivo.

As 19.00 horas terá lugar a actividade titulada O que contan as pedras e as prantas, que é un “roteiro narrado con Hugo López e Mariña Patrimonio polo sendeiro entre a ermida e a fervenza”. É para público familiar.

E ás 20.00 horas haberá un espectáculo de narración oral titulado Autoestradas e corredoiras, con Quico Cadaval, na ermida de Santo Estevo do Ermo. É unha actividade para público adulto.

Os dous actos serán en galego e con acceso libre.

“Animádevos a achegarvos a Santo Estevo do Ermo para compartir unha tarde de cultura,...

leer más
30/06/2026

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademais aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación.”

O Concello de Barreiros engade que “a través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer...

leer más
25/06/2026

A parroquia de San Pedro de Benquerencia, no municipio de Barreiros, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, sábado 27 e domingo 28 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada polo grupo Elebe 2.0, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Xulio

E o domingo ás 11:45 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro Airiños do Mar. Seguidamente haberá procesión e despois sesión vermú co dúo Puma. Ás 15.00 horas comezará unha comida veciñal e despois do café comezará unha sesión de tardeo con DJ Xulio.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

24/06/2026

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza en Barreiros un obradoiro de alfabetización mediática dirixido á poboación adulta, dentro do programa Obradoiros contra a desinformación. Será o martes 30 de xuño ás 11:00 horas no Centro Sociocultural de Barreiros e non se precisa inscrición previa.

O Concello de Barreiros explica que “nun contexto de proliferación de noticias falsas, ninguén está libre de ser vítima ou propagador da desinformación. Estes obradoiros nacen da experiencia do Colexio de Xornalistas con escolares e amplíana agora á poboación adulta, co obxectivo de fornecer á sociedade de coñecementos e ferramentas para combater as mentiras. A xornada estará impartida pola xornalista Carmen Quintela e ofrecerá ferramentas para identificar e combater a desinformación no noso día a día”.

21/06/2026

A Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos anuncia que nesta parroquia do municipio de Barreiros o día 23 de xuño, martes, á tardiña, concretamente a partir das 20:30 horas, farán a tradicional sardiñada, chourizada e torrezmada no merendeiro da Fonte do Barreiro.

Posteriormente acenderán a fogueira de San Xoán “para espantar ás meigas”.

 

19/06/2026

A parroquia de Vilamartín Pequeno, no municipio de Barreiros, celebra as festas na honra a San Xoán Degolado esta fin de semana, venres 19 e sábado 20 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 23:00 horas con verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Grupo Beatriz.

E o sábado celebrarase a V Festa do Requesón. Ás 13:15 horas haberá misa solemne con procesión e a continuación sesión vermú amenizada polo grupo folclórico da Asociación Cultural Ledicia, de Burela, e o grupo Master. Ás 15:00 horas comezarán un xantar popular no Campo da Festa e a partir das 21:00 horas haberá churrascada gratuíta, con churrasco, panceta e chourizos de porco celta. Despois terá lugar unha verbena amenizada polo grupo Master e a charanga Louband.

A organización destaca que dispoñen de “amplos...

leer más
15/06/2026

Está aberto ata o vindeiro 5 de xullo o prazo de inscrición para participar no curso de verán que organizan a Mancomunidade de Concellos da Mariña e a Universidade da Coruña. O título é Emprender no sector turístico na Mariña Lucense e terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e...

leer más
Etiquetas:
14/06/2026

O xoves 18 de xuño o Concello de Barreiros organiza unha xuntanza de fin de curso para os dous colexios, CEIP de San Cosme e CEIP de San Miguel. Será na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas.

Haberá unha actuación musical, que correrá a cargo de María Faltri co seu espectáculo Picadiscos, “unha hora de música infantil en galego para que a cativada non deixe cantar e bailar”, anuncia o Concello de Barreiros.

Etiquetas:
10/06/2026

A asociación Guillem Veiga Iglesias, en colaboración coa Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros, presenta Noites Alternativas, un novo programa de ocio nocturno inclusivo dirixido á xente nova da Mariña. O programa “busca ofrecer un espazo de encontro onde a xuventude poida participar, convivir e expresarse a través de propostas culturais e artísticas, afastadas dos modelos de ocio nocturno tradicionais”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “a iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, convertendo os xoves pola noite nunha cita destacada do verán para a mocidade de entre 13 e 18 anos”.

Entre as actividades inclúense obradoiros de rap e cultura urbana, graffiti e expresión artística, e outras propostas lúdicas como desafíos en equipo.

Noites...

leer más
09/06/2026

A Asociación Guillem Veiga Iglesias organiza unha nova edición de Diversiprix, “unha proposta que converterá San Miguel de Reinante nun punto de encontro para persoas con e sen discapacidade a través do xogo, o deporte e a diversión”, anuncia o Concello de Barreiros. Será o día 28 de xuño, domingo.

O Concello de Barreiros explica que “a iniciativa reivindica o ocio como un dereito fundamental e aposta por crear espazos accesibles nos que todas as persoas poidan compartir experiencias en igualdade de condicións. Durante a xornada, as persoas participantes organizaranse en equipos diversos e afrontarán diferentes retos e dinámicas, nas que o traballo en equipo será a clave. Baixo o lema Diversiprix, onde enredarnos como iguais, o evento celebra este ano a súa terceira edición e consolídase como unha cita anual que combina diversión...

leer más