Cantar

Etiquetas:
05/02/2018

A Concellaría de Cultura e a agrupación cultural Francisco Lanza organizan varias actividades en torno ao Pergamiño Vindel, que se pode visitar durante estes meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo. Deste xeito o día 21 de febreiro terá lugar ás 12 do mediodía na contorna do mercado de abastos de Ribadeo un Cantar de Cego a cargo de Luís Correa e Chus Iglesias. E por outra banda o día 25 deste mes haberá unha excursión organizada a Vigo para visitar o Pergamiño Vindel, o casco histórico da cidade olívica e a localidade portuguesa de Valença do Miño.

Os actos foron presentados esta tarde na Biblioteca Pública El Viejo Pancho, de Ribadeo. 

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifestou que “a Universidade de Vigo é a promotora da visita a Galicia do Pergamiño Vindel desde o Museo de Nueva York e do Museo...

leer más