3ª idade

05/11/2025

O Concello de Barreiros organiza o día 27 de novembro, xoves, un encontro da terceira idade para maiores de 67 anos. Haberá xantar e baile nunha carpa que se instalará na Praza do Concello.

“Despois de 6 anos de goberno no que traballamos intensamente para sacar a flote a economía municipal, neste ano os números comezan a acompañarnos. E cremos que é de xustiza celebrar un encontro que leva moitos anos sen celebrarse en Barreiros e que ten que ser un recoñecemento do traballo e esforzo da nosa veciñanza máis maior. Así que o xoves 27 organizamos un xantar con actuacións musicais e moita festa e momentos para as anécdotas. Aínda que os números melloran, non queremos crear un prexuízo ás arcas locais, polo que se aprobou un prezo para axudar a sufragar o evento: 15 euros para as persoas xubiladas empadroadas e, se queren traer unha persoa...

leer más