Sporting Pontenova
O club de fútbol Sporting Pontenova celebrará a súa gala fin de tempada cunha cea baile que terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride este venres, día 13 de xuño, ás 22:30 horas. Antes, a partir das 21:00 horas, haberá sesión vermú.
A música correrá a cargo da cantante María García Caamaño e do DJ JJ Compota. Tamén haberá inchables gratuítos.
Os tickets para participar na cea baile poden recollerse no restaurante O Lar de Balbina, da Pontenova, ata o mércores 11 de xuño.
O club de fútbol Sporting Pontenova celebrará a súa cea gala fin de tempada o venres 31 de maio a partir das 21:00 horas no Local das Sociedades.
Haberá sesión vermú antes de cear, inchables gratuítos e actuacións de musicais a cargo de Puma (vocalista da orquestra La Oca Band) e o acordeonista Jose.
Para participar hai que recoller os tickets no restaurante O Lar De Balbina. O prazo remata o 29 de maio á noite.