Folgueiro
O Vicedo acollerá os días 18 e 19 de xullo o torneo de fútbol Folgueiro League 26, que foi presentado na Casa da Cultura do Vicedo. Este evento deportivo está organizado polo club UD Folgueiro, que anuncia: “no acto estiveron presentes Domingo González, presidente da UD Folgueiro; Jesús Novo, alcalde do Concello do Vicedo; e Javi Martínez, xogador e directivo da UD Folgueiro, que destacaron o traballo e a ilusión coa que se está preparando unha nova edición deste torneo, que xa é unha referencia do fútbol afeccionado na comarca”.
A UD Folgueiro explica que “a competición contará con torneo masculino e feminino (este último celebrarase sempre que haxa un mínimo de equipos inscritos), ademais dun gran ambiente durante toda a fin de semana con DJ, zona de comida e moitas sorpresas, para que xogadores e afeccionados gocen dunha auténtica festa...
leer másEste sábado, día 11 de outubro, ás 16:30 horas no Campo Municipal Boavista, de Folgueiro (O Vicedo) celebrarase un torneo triangular de fútbol en memoria de Kubala, ex xogador do Folgueiro recentemente falecido. Os equipos veteranos participantes serán: Folgueiro, Landrove e O Vicedo.
A Unión Deportiva Folgueiro explica que “este encontro pretende ser un acto de recoñecemento e gratitude pola súa entrega ao club e polo legado humano que deixou entre compañeiros, amigos e afección. Será unha xornada de lembranza e respecto, na que todo o mundo está convidado a participar para renderlle a merecida homenaxe. A súa memoria permanecerá sempre entre nós!”.
Folgueiro, no concello do Vicedo, celebrará o Antroido este sábado, día 1 de marzo. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido; o prezo de cada ración é de 6 euros. E a continuación, baile co grupo Zona Zero e Disco Móbil Olymρο.
Haberá premios para os mellores disfraces en categorías de grupos, parellas e individuais.
Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.
Folgueiro, no concello de O Vicedo, celebrará o seu Antroido o sábado 10 de febreiro. Está organizado pola Asociación de Veciños Airiños do Folgueiro.
A partir das 20:30 horas haberá degustación gratuíta de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido. A continuación terá lugar o baile amenizado pola orquestra Fuego e a disco móbil Olympo. E entregarán premios aos mellores disfraces nas categorías de grupos, parellas e individuais.






