Tarabela
A compañía teatral Tarabela Creativa representará obra Vaites rapariga! este sábado, día 22 de novembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros. A entrada é de balde.
É unha actividade organizada polo Concello de Barreiros, que anuncia: “un espectáculo de narración oral e música ao vivo, un auténtico western á galega”.
A sinopse é a seguinte: “non é preciso darlle moitas voltas: este é un western, deses do salvaxe Oeste. Salvaxe, pero non lonxano, ollo. Porque Carmen 'Lingua Afiada' Conde e Su Garrido 'Guitarra Lenta' Pombo únense para traernos as historias e as melodías do noso Noroeste. Onde as paisaxes galegas, os seus personaxes, o seu xeito de buscarse a vida, de enfrontarse aos conflitos e de explorar novas posibilidades teñen un aquel coas pelis de...
leer másA próxima parada da xira do espectáculo teatral “Boa sorte, mala fama” será o domingo 7 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, dentro da programación da IX Edición do Ribadeo Indiano.
A compañía lucense Tarabela Creativa recala por terceira vez na Mariña con este espectáculo que é o resultado dunha investigación de dous anos arredor das caras máis descoñecidas e menos institucionais da nosa emigración, contadas en tres actos.
En palabras da súa directora e dramaturga, Carmen Conde, “visitar Ribadeo con esta montaxe é aínda máis especial se cabe, pois no espectáculo hai moitas historias que contan como foi a nosa diáspora cubana e sei a irmandade tan grande que existe entre Ribadeo e Cuba; ademais de grandes persoeiros, homes e mulleres, que acabaron sendo parte activa da historia...
leer más




