Teatro
O Concello de Lourenzá publica as bases para participar no VIII Certame de Teatro Afeccionado. As representacións dos grupos que sexan elixidos desenvolveranse durante o mes de novembro no edificio multiusos Ponte de Cuñas.
Nas bases explícase que “o Concello de Lourenzá, consciente do interese que o teatro esperta entre os laurentin@s e ao obxecto de incentivar a participación dos grupos no VIII Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá 2026, establece as bases reguladoras para a participación no mencionado certame e os premios que se outorgarán”.
No documento tamén se indica que “poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas...
leer másO Concello do Valadouro anuncia que organiza entre o 29 de agosto e o 3 de setembro “seis noites para gozar do teatro amador, do humor e das historias dos nosos grupos”. Serán todos os días ás 22:00 horas e con entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A apertura de portas no local será 20 minutos antes de cada función.
Este sábado, día 29 de agosto o grupo Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) representará a obra titulada Da taberna ao consultorio e da cociña ao purgatorio. O domingo 30 O Centiño, de San Martiño (Foz), escenificará O Autobús…. O luns 31 A Adala (Fazouro) ofrecerá a obra Ai, Señor, Señor.... o martes 1 de setembro Ollomao (Barreiros) representará Dona Clara. O mércores 2 Pico do Castro (Foz), con Cousas de vellos. O xoves 3...
leer másA Escola Municipal de Teatro de A Pontenova presenta a obra titulada Inquisítame Outra Vez. Será este domingo, día 14 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.
O Concello da Pontenova anuncia que é “unha nova proposta teatral que non vos deixará indiferentes. Unha cita imprescindible para gozar do talento local e dunha tarde de teatro en compañía. Agardámosvos para compartir unha xornada chea de emoción, interpretación e cultura”.
Este venres, 5 de xuño, dá comezo o V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto, que organiza o Concello de Foz e busca “reivindicar a figura dos creadores, actores e actrices do teatro afeccionado, que en Foz tiveron un nome referente como foi O Poto”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Continuará os días 6, 7 , 12, 13 e 14 deste mes.
Inés López anuncia que “haberá obras de teatro gratuítas durante os venres, sábados e domingos desta fin de semana e a próxima. Os venres as obras serán na Sala Bahía e os sábados e domingos, na Casa da Cultura. Estamos encantados da alta participación que tivemos no certame, agradecemos enormemente a todas as compañías que se anotaron e esperamos que aqueles que non foran elixidos se volvan anotar, xa que o nivel era moi alto e foi difícil a escolla.”...
leer másA Aula de Teatro Municipal de Ribadeo fará o seu debut o vindeiro 24 de maio na Festa das Cruces na Ponte de Arante.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “desde o pasado mes de marzo está a funcionar a Aula de Teatro en Ribadeo. Foi unha iniciativa que xurdiu desde a Área de Cultura do noso Concello”. E subliñou que “é a primeira vez que existe un Aula de Teatro Municipal en Ribadeo”.
A edil ribadense declarou: “estamos moi contentos de que esta iniciativa tivera una boa acollida. Trátase dun grupo de persoas de diferentes idades, que axudados por Rubén Pérez e Daniel Vázquez, traballan a expresión corporal, a vocalización e todo aquilo que é necesario para poñer en escena unha obra”.
Sanjurjo explicou que “despois de meses traballando parte destes actores e actrices van...
leer másO Concello de Foz vén de publicar as bases para inscribirse no V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto, que se celebrará en xuño.
As inscricións poderán facerse a través da sede electrónica municipal, onde existe un trámite específico para a mesma. As bases poderán consultarse no departamento de Cultura ou na sede electrónica do concello. O prazo para anotarse remata o día 11 de abril.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que o certame de teatro afeccionado “é unha cita xa consolidada en Foz, onde se xuntan actrices e actores afeccionados e un público amante do teatro. As datas do certame son no vindeiro mes de xuño: os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14, na Casa da Cultura”.
Inés López engade: “agardamos que coma nos últimos anos as compañías se animen a...
leer másO Concello de Ribadeo pon en marcha unha Aula de Teatro, que botará a andar o 15 de marzo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “na Concellería de Cultura queremos animar a todas as persoas que gustan da interpretación a participar na Aula de Teatro tanto para comezar no mundo do teatro como para mellorar a expresión corporal e a creación de personaxes ou simplemente para gozar coa experiencia de converterse noutra persoa”.
A edil ribadense dixo que “consistirá nunha sesión mensual de 3 horas coa idea de facer unha representación final colaborativa aló polo mes de maio. Este proxecto estará conducido por Rubén Pérez Pombo e Daniel Vázquez Vila”.
Sanjurjo engadiu que “aínda que comezamos en domingo os ensaios, seguramente serán os sábados pola maña. Vémonos para comezar...
leer másO Concello de Foz conmemora o Día de Rosalía cunha mostra bibliográfica sobre a escritora e unha representación de teatro infantil a cargo de Caxoto, que será este xoves, día 26 de febreiro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este luns conmemorase o Día de Rosalía, unha xornada para celebrar a nosa escritora máis célebre, a nosa lingua e a nosa cultura. O Concello de Foz e a biblioteca municipal Salgado Toimil celebran este día cunha mostra bibliográfica da escritora, que se pode visitar no último andar da Casa da Cultura. Así mesmo programase unha actuación de Caxoto para o vindeiro xoves ás 18.30 horas no salón de actos da propia Casa da Cultura para público a partir de 4 anos e gratuíta. O contacontos Caxoto fará un percorrido pola natureza galega, que forma parte da obra de Rosalía e doutras mulleres escritoras...
leer másO Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e a compañía teatral Andanzas ofrecerán un espectáculo conxunto este venres, día 13 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde.
O Concello de Viveiro anuncia que “con motivo do Día de San Valentín, Viveiro énchese de emocións, música e literatura. O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e o Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, únense nun espectáculo único onde a música e a palabra dialogan sobre o escenario. Unha proposta cultural para sentir, escoitar e compartir”.
O Concello de Xove continúa coa súa programación cultural de Nadal e, neste marco, este martes, día 30 de decembro, ás 18:00 horas, o salón de actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación da obra teatral O Apalpador e a nena sen medo, da compañía A Xanela do Maxín.
Trátase dun espectáculo pensado para público familiar, no que “a tradición do Apalpador cobra vida a través dunha historia chea de fantasía, humor e tenrura. A obra combina música, interpretación e participación do público, ofrecendo unha experiencia de entretemento e diversión na que pequenos e maiores poderán gozar dunha actividade máxica propia destas datas”, anuncia o Concello de Xove, que convida a toda a veciñanza e visitantes a acudir a esta proposta cultural que “busca non só fomentar o teatro como ferramenta educativa senón tamén...
leer más












