
Este sábado, día 7 de novembro, hai unha nova cita coa cultura no Concello de Cervo coa representación de Instrucións para tomar café, un espectáculo de narración oral con Carlos Rebolo, de Ítaca Teatro, no marco do Circuíto de Teatro Profesional. Será ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello de Cervo, con entrada de balde.
O Concello de Cervo anuncia que é “unha proposta para gozar das historias, da palabra e do humor arredor dunha boa cunca de café”.


