Apoio
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovará o apoio ao festival ribadense Xara, de cara á vindeira edición.
A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Mocidade Daniel García reuníronse esta mañá coa asociación organizadora para valorar a colaboración mantida na pasada anualidade e avanzar na proposta de cara á terceira edición.
Asi, no encontro, incidiron no éxito do mercadiño de produtos de proximidade ou na proxección que supuxo a actuación no festival para o rapeiro da Limia Kid Mount, e bosquexaron as liñas do próximo cartel no que manterán a aposta en artistas emerxentes e nas músicas urbanas que incorporan ritmos tradicionais.
A organización formulou como obxectivos para a vindeira edición chegar a un público máis interxeneracional e lograr un crecemento sostible, respectuoso coa vida e os ritmos de Ribadeo.
Daniel...
leer másO Concello de Burela iniciou unha campaña de apoio ao comercio local, que leva a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais co obxectivo de potenciar as compras nos negocios locais. O slogan desta campaña é Compra en Burela. O comercio que te guía, aberto.
O concelleiro de Comercio e Turismo, Ramiro Fernández Rey, comentou que “onte empezamos unha potente campaña para axudarlle á hostalería e ao comercio local e que estamos desenvolvendo en diferentes medios. É unha solicitude que nos fixo a asociación de comerciantes nas reunións que vimos mantendo semanalmente con eles, entre outras cousas, esta era unha das que solicitaban, e desde logo o Concello de Burela, en todo o que poida, vai estar aí axudando ao tecido comercial e hostaleiro do pobo”.
O edil burelés explicou que “comezou onte e é unha campaña...
leer más