rutas guiadas
O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se levarán a cabo durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que “permitirán aos participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible”.
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes rutas: 16 de xullo, Ruta dos Muíños da A Rigueira; 30 de xullo, Os Acantilados de Papel, costa con narrativa; 7 de agosto, San Tirso de Portocelo, un enclave único; e 21 de agosto, Esteiro de Xove, unha xeoloxía singular.
... leer másEste luns, 29 de xuño, foi presentada unha nova edición das rutas gratuítas guiadas por distintos puntos da xeografía do municipio de O Vicedo. Á presentación asistiron o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo Martínez, e Boris Vilar, representante da empresa Rutas Galicia Norte, que será a encargada de executar este proxecto.
O Concello de O Vicedo explica que “na presentación indicouse que estas rutas tratan de mostrar as cualidades de diferentes zonas do municipio desde o punto medioambiental, xeolóxico, histórico, etcétera; e son presentadas en formato ruta guiada, pausada e grupos pequenos, para practicar un turismo tranquilo amosando diferentes lugares especiais da contorna como a Ruta do Río Sor (ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo), a ruta pola praia de San Román e Moutillós (onde se celebra a Romaxe...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte, presentaron o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio. Serán os seguintes días: venres 18 de xullo, Ruta dos Muíños da Rigueira, xoves 24 de xullo, Acantilados de papel; xoves 7 de agosto, San Tirso de Portocelo; e xoves 21, Esteiro de Xove.
O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respecto...
leer más





