charlas médicas
A concelleira de Sanidade en Foz, Kathy Navarro, presenta un novo ciclo de charlas sobre saúde. Serán os xoves días 6, 13 e 20 de novembro as 20:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Foz.
Kathy Navarro anuncia que “a primeira charla será o xoves día 6 e impártea unha focega de Santa Cilla, Lorena Legaspi Rodríguez, neurologopeda no Hospital Ribera Polusa, e vennos falar de A logopedia no dano cerebral adquirido. Continúa Nélida Fernández Fernández, xeriatra no Hospital Público da Mariña, falando da Prevención de caídas: Unha ferramenta para manter a independencia o xoves 13. Finaliza o ciclo de charlas o día 20 co interesante tema Transtornos do sono, a cargo de Gonzalo Gutiérrez Vázquez, psiquiatra na Unidade de Saúde Mental de Burela”.
“Con estas charlas achegamos información dos...
leer másO Concello de Foz organiza un ciclo de charlas médicas que se celebrarán os mércores 13, 20 e 27 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “o mércores día 13 contaremos con Paloma Dorado López e Marina Bustelo Fernández, pediatras do Hospital Público da Mariña, nunha charla na que abordarán a actualización en vacinación infantil. O mércores día 20 a farmacéutica do Hospital da Mariña, Lucía Grandío Leivas, achega a charla titulada Antibióticos, por que non sempre?. E remataremos as charlas médicas o mércores día 27 con Alba Doporto Fernández, neuróloga do Hospital Público da Mariña, que falará das Enfermidades neurolóxicas asociadas a idade.
O Concello de Foz agradece a colaboración do Hospital Público...
leer más




