Banda

25/02/2026

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, presentou a tempada 2026 de actividades, que, baixo o título Camiños sonoros, ofrece unha programación que recolle actuacións e propostas formativas entre marzo e decembro.

A tempada comezará en marzo co concerto Éxodo, enmarcado no Programa de Difusión Cultural ADRAL. En abril a Banda participará nos actos da Semana Santa de Viveiro. Entre maio e xuño está previsto un ciclo de concertos, Matinais no Templete, ademais do acompañamento do Corpus Christi. Xa en xullo o programa inclúe obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de reciclaxe.

No mes de agosto levará a cabo unha actuación na Praza Maior, no marco das festas patronais. En novembro celebrarase o concerto de Santa Icía Os Soños na Gaiola, concibido para banda...

leer más
Etiquetas:
26/12/2025

A Banda da Agrupación Cultura e Musical Dambara, de Burela, actuará no Vicedo este sábado, día 27 de decembro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

“No concerto da Banda da ACM Dambara de Burela máis de 30 integrantes subirán ao escenario da Casa da Cultura para ofrecernos un concerto de Nadal”, anuncia o Concello do Vicedo.

16/12/2025

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena o día 27 de decembro, sábado. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval, con entrada de balde ata completar o aforo.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “chegadas estas datas do Nadal unha cita ineludible é o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo titulado Aquí como en Viena. Este ano será o sábado 27 de decembro ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval e dividiremos o programa en dúas partes: a primeira con música típica do Nadal e máis festeira, por dicilo dalgunha maneira; e logo unha segunda parte na que, como ben di o título do concerto, Aquí como en Viena, interpretaremos polcas e valses típicos do concerto de Aninovo en Viena”.

... leer más
26/09/2025

Este sábado, día 27 de setembro, a partir das 20:30horas a Banda de Música Ao Compás do Río Ouro actuará na Casa da Cultura de Alfoz dentro do programa Tradigalu, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

“Unha oportunidade para gozar da música tradicional e das bandas nunha velada única”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
22/07/2025

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este venres, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco, pero en caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio municipal Hernán Naval. É a terceira actuación que ofrecerá este mes a Banda ribadense, despois dos concertos no Ribadeo Indiano e no XXVIII Festival de Bandas.

O director da formación, David Ballester Martínez, anuncia: “seguimos coa programación da Banda Municipal de Música de Ribadeo e, despois do concerto do Ribadeo Indiano e do Festival de Bandas, este venres 25 as oito e media da tarde no Campo de San Francisco vai ter lugar o xa tradicional concerto do Día da Patria. Farémolo ao aire libre se o tempo nolo permite e senón trasladarémonos ao auditorio Hernán Naval. Este concerto vai estar composto por obras de temática...

leer más
14/05/2025

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este venres, día 16 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da...

leer más
Etiquetas:
10/04/2025

Despois duns meses de baixa, o director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, volverá levar a batuta da formación no concerto de Semana Santa, que será o día 16 deste mes, mércores, ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

David Ballester anuncia esta actuación: “chega a Semana Santa e con ela o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, retomando as actuacións neste 2025. Farémolo na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás nove menos cuarto da tarde. Invitamos a toda a xente a que se achegue a este concerto na igrexa parroquial, que é un marco incomparable para este tipo de actuacións. A gran maioría das pezas serán marchas procesionais, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda de Música de Ribadeo”.

Ademais Ballester engade: “xa que...

leer más
Etiquetas:
31/12/2024

Este venres, día 3 de xaneiro, ás 17:30 horas o salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá un concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Mestre López, do Valadouro. A entrada é de balde.

Está organizado polo Concello do Valadouro que anuncia: “iniciamos o novo ano 2025 da mellor maneira, cun concerto interpretado polos xoves músicos da Escola de Música Mestre López, do Valadouro”.

 

24/12/2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena este sábado, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta ocasión levará a batuta o subdirector da formación, Rubén Solloso, que substitúe ao titular da Banda, David Ballester, que está de baixa.

Rubén Solloso anunciou que esta actuación “terá dúas partes: a primeira será con temática de Nadal e obras que van ir de menos a máis, xa verán os que vaian ao concerto a que me refiro con isto; e despois terá unha segunda parte xa máis tradicional, na liña que víñamos facendo, de temas relacionados co concerto de aninovo en Viena, con valses e ese tipo de pezas”.

Para Rubén Solloso esta será a primeira vez que dirixa un concerto enteiro da Banda de Ribadeo. Explica que...

leer más
Etiquetas:
23/07/2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.