Alfoz

12/06/2026

A parroquia de Carballido, no municipio de Alfoz, celebrará a Feira do Trece este sábado, día 13 de xuño, desde as 10:00 horas.

Este evento está organizado pola Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido, que anuncia: “na feira de gando esperamos contar cun número considerable de animais. Serán premiados os 2 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademais das 2 mellores vacas, os 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro.Todos os gandeiros que desexen curro poderán contactar con nós no 636.01.06.19. No mercado contaremos con postos con todo tipo de produtos, incluído o estrela desta feira antigamente, as cereixas”. Tamén haberá paseos a cabalo gratuítos para nenos con Flor do Toxo a partir das 16:30 horas, “para que os máis novos disfruten tamén da feira”.

No programa tamén se...

leer más
Etiquetas:
02/06/2026

O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación estival Ludiverán, unha iniciativa “destinada a facilitar a compatibilización da vida familiar e laboral durante os meses de verán, ao tempo que ofrece aos nenos e nenas un espazo de lecer, convivencia e aprendizaxe nun entorno seguro e divertido. O programa está dirixido á rapazada nacida entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase entre o 29 de xuño e o 31 de agosto. O horario habitual será de 10:00 a 13:00 horas, ofrecéndose ademais a posibilidade de entrada anticipada ás 9:00 horas e saída ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades das familias participantes”.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 5 e o 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou presencialmente na Casa do...

leer más
24/05/2026

A parroquia de Mor, no municipio de Alfoz, celebrará as festas de San Pedro os días 27 e 28 de xuño, sábado e domingo.

Están organizadas pola Asociación Veciñal del Mor, que anuncia: “o sábado 27 celebramos a nosa xa tradicional paella xigante. 15 euros para non socios e gratis para os socios. Reservas antes do 25 de xuño no 654.99.68.57. Despois festa asegurada con Tania Veiras y los Cumbiapop e Dj Breobeats. E o domingo 28, misa e sesión vermú con Xilo e Carlos. Contaremos con carpa para desfrutar da festa pase o que pase”.

 

11/05/2026

Raquel Queizás ofrecerá en Alfoz o espectáculo de contos titulado Begoña ao teléfono. A voz das heroínas. Será este mércores, día 13 de maio, ás 15:00 horas na Casa da Cultura.

É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a contadora de contos Raquel Queizás visitará o noso concello. A través das súas historias coñeceremos a vida e a obra de Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026”.

 

Etiquetas:
10/05/2026

A segunda edición da Andaina e Xantar Popular do Trece, en Carballido (Alfoz), celebrarase o día 16 de maio, sábado, desde as 10:30 horas. Nese momento sairá a andaina, con dificultade baixa, desde o lugar do Trece, onde tamén rematará o percorrido.

Esta xornada está organizada pola Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido, que anuncia: “unha andaina de dificultade baixa pola mañá polos bonitos rincóns da contorna do Trece, cun percorrido de 11,5 quilómetros e 2 horas de duración aproximadamente). E despois, en recinto cuberto con carpa, disfrutaremos dunha sesión vermú con Carrete Mix,  seguida dun xantar empezando cuns entrantes e logo un espectacular lacón de porco celta asado en forno de leña, e tamén postre, café, chupito … Teremos un tardeo con Carrete Mix e o seu karaoke, no que poderedes cantar tod@s @s que queirades. E...

leer más
01/05/2026

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza a terceira edición do Día da Veciñanza de Alfoz, que será o día 10 de maio, domingo. Haberá sesión vermú desde as 13:00 horas e a comida comezará ás 14:00. Tamén se anuncian sorteos, actividades para nenos e nenas e a música será a cargo do dúo The Poker.

“Xa está preto o noso gran encontro veciñal! Nos esquezas que a data límite para anotarse é o 3 de maio. Para apuntarte só tes que chamar a calquera das asociacións das parroquias e así gozar dunha xornada única de festa e encontros”, anuncia a asociación O Castelo.

23/04/2026

Para seguir celebrando o Día do Libro, o Concello de Alfoz organiza “unha proposta especial para todos os públicos: a maxia chega a Alfoz da man do Mago Teto con As nosas letras, un espectáculo onde os libros, as historias e a ilusión serán protagonistas”. Será este sábado, día 25 de abril, ás 19:30 horas.

Esta actividade será na Casa da Cultura de Alfoz con entrada de balde.

 

Etiquetas:
19/04/2026

Fran Rei representará o espectáculo titulado Hamelin o día 23 de abril, xoves, na Casa da Cultura de Alfoz ás 15:00 horas. É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz para celebrar o Día do Libro.

“Teremos unha proposta moi especial: un espectáculo que mestura narración oral, maxia, música e humor, revisitando a coñecida lenda do frautista cunha mirada actual e inclusiva. Unha historia chea de imaxinación que fala de diversidade, responsabilidade e do valor de mirar máis alá das diferenzas. Un plan perfecto para desfrutar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz, que tamén explica que neste show haberá “narración oral, maxia, un chisco de música, lingua de signos e moito humor nesta particular revisión da lenda alemá de O Frautista de Hamelin”.

06/04/2026

O grupo musical Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o día 18 de abril, sábado. Será na Casa da Cultura ás 20:00 horas.

“A música tradicional chega a Alfoz da man de Acordeonistas da Mariña. Un plan ideal para todas as idades. Achégate e desfruta da música en directo!”, anuncia o Concello de Alfoz.

03/04/2026

Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, o Concello de Alfoz organiza unha xornada “moi especial para as nenas e nenos da Escola Infantil de Alfoz. O vindeiro xoves 9 de abril desfrutarán no seu centro da actividade: Manual para deitarse … e durmir. Unha sesión de contacontos, cantigas e fantasía deseñada en exclusiva para o alumnado da escola, co obxectivo de fomentar o amor pola lectura e a maxia das historias dende as idades máis temperás. Porque nunca é cedo de máis para descubrir o pracer dun bo conto!”, anuncia o Concello de Alfoz.