Programa
O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños e veciñas de viaxe por cinco destinos lucenses. Desde hoxe e ata o venres, colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade terán a posibilidade de descubrir diferentes rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra de xeito gratuíto. A iniciativa da institución provincial permitiralles descubrir tesouros do patrimonio lucense como as praias virxes do Vicedo, a Abadía de San Clodio, a Reitoral de Gundivós ou as pallozas de Piornedo.
Hoxe, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxa ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño. A asociación Castro Celta de...
leer másA Deputación de Lugo arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, que impulsa a institución provincial “para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia, beneficiará un ano máis a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono”.
Pilar García Porto, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo; e Carlos López López, o deputado de Medio Ambiente, deron este mércores a benvida aos grupos que estrean as primeiras excursións do programa: a asociación Santalla de Pena, de Begonte, que visita Foz; e ás mulleres Bolboretas, de Xove, que van a Pantón e Carballedo. Os primeiros fixeron parada na Produtora do Servizo de Audiovisuais da...
leer másO Concello de Xove convoca a todas as persoas que habitualmente alimentan gatos na rúa en Xove Pobo e Palmeiro a unha reunión informativa, coa finalidade de dar a coñecer a nova ordenanza municipal en materia de xestión de colonias felinas. Será este venres, día 10 de abril, ás 20:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove.
O Concello de Xove explica que “esta normativa foi elaborada conforme a Lei, 4/2017 de Protección e Benestar dos animais de Galicia, e ten como obxectivo garantir unha convivencia adecuada, así como o benestar dos animais e a correcta xestión das colonias felinas no municipio. Durante a reunión explicaranse os principais aspectos do programa, así como os requisitos e procedementos para a obtención do carné de
coidador/a de colonias felinas. Así mesmo infórmase de que unha vez celebrada esta reunión non...
O Concello de Barreiros, en colaboración coa Área de Mocidade da Deputación de Lugo, participa na posta en marcha do programa ConVive, promovido por APNED, con sede en Barreiros. “Trátase dun programa de ocio inclusivo que ofrece actividades lúdicas e saídas culturais dirixidas a nenos e nenas, favorecendo espazos de convivencia, participación e igualdade de oportunidades. 8 actividades gratuítas ao longo do ano, en fins de semana e períodos vacacionais”, explica o Concello de Barreiros, que tamén anuncia que a primeira será unha excursión ao Parque de La Vida, en Luarca (Asturias), que será o día 11 de abril.
As prazas son limitadas (por orde de inscrición) e as persoas que obteñan praza recibirán a confirmación e a documentación necesaria para formalizar a súa participación.
O Concello de Cervo presenta unha “ampla e diversa” programación con motivo da Semana Santa, que se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 6 de abril, “co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural do municipio, contando coa imprescindible colaboración das asociacións locais”.
A programación arrinca este sábado, 28 de marzo, coa X Foliada Nordestía en San Ciprián, organizada pola Asociación A Rebolaxe, coa colaboración do Concello, que contará coas actuacións xa entrada a noitiña de Os Carecos, Clan Maragato e Lamatumbá en San Ciprián. Ademais haberá animación musical durante todo o día, cantos de taberna, diversos obradoiros e un xantar popular que terá lugar na Praza dos Campos.
O Concello de Cervo tamén anuncia que “no ámbito cultural destaca a representación teatral Aire Fresco, este domingo no...
leer másO Concello de Cervo abre este xoves, 12 de marzo, o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa Cervo Concilia en Semana Santa, unha iniciativa pensada para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. As inscricións poderán formalizarse ata o 24 de marzo na Casa da Cultura ou no Concello.
Co obxectivo de trasladar toda a información sobre esta nova convocatoria, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro na Casa da Cultura coas ANPAS dos dous centros educativos do municipio, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz. Durante a reunión abordáronse os detalles do programa, os prazos de inscrición e diferentes cuestións de interese para a comunidade educativa.
Ademais no encontro tamén se tratou o funcionamento doutros programas municipais...
leer másO Concello de Cervo achegará a música ás crianzas desde as idades máis temperás dentro da nova actividade Brincos Musicais, dentro do programa infantil Brincos de Lecer. O inicio do programa está previsto para o mércores 4 de marzo. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou esta actividade, que “aposta pola estimulación e a formación musical desde as primeiras idades”, nun acto no que tamén participou a musicoterapeuta María Fuente García, encargada de impartir as sesións.
A iniciativa desenvolverase os mércores na Casa do Mar e está estruturada en dous grupos diferenciados por idades. De 16.00 a 17.00 horas terá lugar o obradoiro de Iniciación Musical, dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que de 17....
leer másO Concello de Viveiro solicita ás asociacións, clubs deportivos, comisións de festas e demais entidades do municipio que trasladen ao Concello nas vindeiras semanas a relación de actividades e eventos que teñen previsto organizar ao longo do ano. Tamén solicitan que se comuniquen antes do día 31 de marzo as necesidades que, para a súa celebración, prevén solicitar á administración local. Esas necesidades inclúen, entre outras, o uso de espazos municipais, a reserva de instalacións, o préstamo de material, a coordinación de loxística e servizos, ou calquera outra colaboración que dependa do Concello de Viveiro.
“O obxectivo desta recollida de información é poder coñecer con tempo suficiente o calendario de eventos previstos e facilitar unha planificación máis eficiente. Deste xeito, preténdese evitar a coincidencia de varias actividades nas...
leer másO programa de educación rural da Vicepresidencia a Deputación de Lugo Da Escola á Granxa medra cun novo material lúdico e didáctico, o Xogo da Pita Choca.
O deputado de Rural, Daniel García, presentou este sábado no Pazo de San Marcos este novo recurso, nun acto que contou coa presenza de asociacións de nais e pais que participaron no programa, coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza de Lugo, Cristina López; e con Leticia Gutiérrez; tesoureira da Federación Provincial de Anpas de Lugo, que vén colaborando desde o inicio na organización do programa.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “O Xogo da Pita Choca, deseñado por Inés López Penelas, de Inpe, e Cristina Rodríguez, de ZZ Design, conta cun taboleiro en espiral, de 63 casiñas numeradas, ilustradas con animais e ...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, programa que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas da provincia.
A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que “ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais por todo o territorio da provincia.
A deputada de Cultura, Iria Castro, lembrou que “en 2025 Tradigalu permitiu programar máis de 300 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio á actividade de asociacións veciñais e culturais en parroquias e concellos de toda a provincia e tamén un importante soporte para o tecido asociativo da música tradicional, decenas de agrupacións que participan...
leer más












