O 19 de outubro arrincará en Ribadeo unha nova edición do programa de actividades nas parroquias Preto de Ti

O luns 19 de outubro dará comezo unha nova edición do programa Preto de Ti, do Concello de Ribadeo, que levará diversidade de actividades ás parroquias co obxectivo de fomentar o benestar e favorecer a participación activa da veciñanza

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anunciou que “dentro de unos días, el 19 de octubre, daremos comienzo a una nueva edición de las actividades de Preto de Ti, que realizaremos en As Anzas, Arante, Vilela, Cubelas, Couxela, Santalla, Vilaselán, A Rochela, Remourelle, A Devesa, Cinxe, Rinlo, Ove y Vilaframil”. As inscricións están abertas e as persoas interesadas poden obter información sobre as actividades e os horarios dispoñibles chamando ao teléfono 625.104.274.

A edil ribadense explicou: “tendremos manualidades, pintura, cestería, memoria, gimnasia, charlas socio sanitarias y viajes culturales”. E engadiu: “animo a todos a sumarse a dinamizar nuestras parroquias aprendiendo, disfrutando y pasando un buen rato entre amigos y vecinos”.

Sierra tamén anunciou que “Argadelo, nuestro programa de música, también volverá a las parroquias. Y como novedad este año quiere llegar a Villaframil y Cefofeita”.

Elena Sierra amosou a súa satisfacción e orgullo pola evolución do programa, que “continúa medrando e conta cada vez cunha maior participación e implicación da veciñanza e polo tanto con maior número de actividades que se irán ofertando ao longo do curso. Preto de ti é moito máis ca un conxunto de actividades. É un espazo para coidarse, aprender, desconectar da rutina e compartir tempo con outras persoas. A través destas propostas búscase contribuír á saúde física e mental, fortalecer as relacións sociais e crear oportunidades para que as persoas se coñezan, se acompañen e desfruten da vida en comunidade”.

A concelleira ribadense destacou tamén a importancia de manter este tipo de iniciativas próximas á cidadanía, tanto na vila como nas parroquias, “creando espazos de encontro e convivencia que contribúan a combater a soidade non desexada e a reforzar os vínculos entre veciños e veciñas”.

Desde o Concello de Ribadeo fan un chamamento á participación e animan a todas as persoas interesadas a informarse, inscribirse e a descubrir as actividades deste novo curso “para aprender, coidarse, compartir e seguir facendo comunidade”.