Ensino

Etiquetas:
16/12/2018

O vindeiro luns, 17 de Decembro, ás 10:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, alumn@s e  profesores da Escola Municipal de Música ofrecerán un concerto para os centros de primaria e secundaria da localidade. O motivo desta iniciativa é achegar a música e os instrumentos aos alumnos destes centros.

O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, explica que “as agrupacións participantes son as que están a desenvolver un traballo continuo dentro da Escola e ao longo do curso e por medio delas coñeceremos os instrumentos que forman parte dunha orquestra de corda como son: violíns, violas, violonchelos e contrabaixos. Os instrumentos dunha banda: toda a familia de vento madeira, vento metal e instrumentos de percusión”.

E engadiu que “as obras que se interpretarán serán, sobre todo,...

leer más
Etiquetas:
20/11/2017

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, colabora co Centro de Información ás Mulleres de Burela para conmemorar os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando unha actividade dirixida ao alumnado de cuarto de educación secundaria e primeiro de bacharelato dos dous IES do noso municipio.

Así mañá, 21 de novembro, ás 11:30 horas haberá un contacontos na Casa da Cultura.  O título é Contamos todas, da compañía A Tropa de Trapo.

 

Etiquetas:
15/11/2016
Apaga organiza o 26 de novembro en Ribadeo as IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos. A cita enmárcase dentro da Semana Europea da FP.
 
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza para o día 26 deste mes as IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos nas que participarán como poñentes profesores chegados de Austria, Croacia e Portugal. A actividade enmárcase dentro da Semana Europea da Formación Profesional. 
 
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “dentro das directrices da Unión Europea na Formación Profesional hai uns días a UE sacou unha convocatoria para a potenciación da Formación Profesional, na que hai unha serie de actividades programadas ao longo do ano”.
Doural anunciou que “nós desde Apaga imos desenvolver o día 26 de novembro unha actividade que se ven realizando desde hai catro anos que son as Xornadas Internacionais de...
leer más
Etiquetas:
09/06/2015
O 29 de xuño arrinca a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, en Burela. Trátase dun programa educativo para fomentar a creatividade e a imaxinación en idades temperás.
 
O 29 de xuño dará comezo a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña. A súa directora, Raquel Hermida, cualifica de “éxito a reserva de prazas que estamos a rexistrar”.
A Escola de Minitalentos en Burela inicia a súa terceira edición o día 29 de xuño, “esta escola de Academia A Mariña é un programa educativo para fomentar a creatividade e imaxinación en idades temperás. Desta forma, as intelixencias múltiples (Howard Gardner) son a base deste proxecto estimulando o talento infantil e conseguindo motivar, potenciar e fortalecer ós nenos e nenas para sacar o mellor que levan dentro”. 
Raquel Hermida, a directora da Escola de Minitalentos, destaca que “este proxecto é creado para coñecer as fortalezas e debilidades...
leer más
Etiquetas:
10/12/2014
Este venres o Cine Teatro de Ribadeo acollerá a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino do Concello. Máis de 200 alumn@s participan nesta nova edición.

 

O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.Nesta edición participan os rapaces de 1o e 2o de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello. Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas máis.