Foro
Ribadeo acollerá este venres, día 19 de xuño, o Foro de Turismo España Verde.
O alcalde ribadense, Dani Vega, anunciou que “Ribadeo vai acoller o Foro de Turismo España Verde, unha marca que se creou no 1989 por 4 comunidades autónomas. Estamos a falar que desde Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco todas xuntas crearon esa marca, esa estratexia de traballar polo turismo verde. Desde logo somos unhas comunidades autónomas que temos unha estratexia conxunta en moitas materias. Estamos falando de que cando nos unimos en materia de infraestruturas, en materia de inversións, en vías de comunicación, tamén na sanidade pública e nos servizos sociais, en materia de industria e de impacto laboral, creo que tamén é moi oportuno xuntarse, analizar e falar de temas como turismo, o turismo de calidade, o turismo verde e acoller a todas estas...
leer másA Área de Benestar Social, Saúde e Familia organizará o vindeiro 30 de maio o primeiro Foro Alzheimer de Ribadeo, unha iniciativa centrada na sensibilización, información e acompañamento ás persoas afectadas por esta enfermidade e ás súas familias.
O foro contará coa colaboración da Xunta de Galicia e das asociacións AFALU Lugo e AFÁN Burela, entidades de referencia no apoio ás persoas con alzheimer e outras demencias. A xornada desenvolverase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo, en horario de 10:00 da mañá a 19:00 horas, cun programa amplo e diverso que combinará conferencias, mesas redondas e actividades prácticas.
Entre os contidos destacados figura a participación da doutora Malfeito, xefa do servizo de Xeriatría do HULA, que ofrecerá unha charla especializada sobre o alzheimer e os retos actuais...
leer másTodo está preparado en Ribadeo para a celebración do Foro Industria, Emprego e Innovación, que se celebrará este xoves, día 30 de abril, no CFPA Pedro Murias.
O alcalde, Dani Vega, anuncia: “está todo preparado para acoller o Foro Conecta Ribadeo, un foro que quere falar de industria, de emprego, de innovación e desde logo desde o Concello traballamos para que se sigan asentando empresas na nosa localidade, que sigan emprendendo, que sigan abrindo negocios, empresas, en definitiva, que Ribadeo siga avanzando como un polo de emprego, autoemprego, de industria e tamén de innovación”.
O rexedor comentou tamén: “aparte de tomar decisións para loitar para que veñan empresas para Ribadeo, tamén queremos que estes foros sexan imáns para atraer empresas para falar de futuro. A industria é clave na nosa comarca, tamén no...
leer másEste venres presentouse no Pazo de San Marcos o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía titulado A agroecoloxía é o relevo, que se celebrará os días 7 e o 8 de febreiro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo.
Estas xornadas, organizadas polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúen palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.
O deputado de Rural Daniel García e Isabel Vilalba, da Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego, presentaron o programa do foro, nun acto que contou tamén coa presenza de Eloi Cabanas, concelleiro do BNG en Mondoñedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “a responsabel do Sindicato debullou un programa cun importante peso da parte...
leer másOs días 7 e 8 de febreiro, sábado e domingo, celebrarase en Mondoñedo o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía baixo o título A agroecoloxía é o relevo. O encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego co financiamento da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá lugar no Pazo de Santomé.
Haberá palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.
Ribadeo acolle o primeiro Foro Down Tan iguais coma diferentes da provincia. Será o 25 de outubro ás 10:00 horas no auditorio municipal en colaboración coa Asociación Down Lugo e a Xunta de Galicia.
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Benestar Social, Saúde e Familia, organiza xunto coa Asociación Down Lugo o Foro Down, aberto para toda a poboación que queira asistir, e que ten como finalidade dar visibilidade ás capacidades das persoas con discapacidade, promover a diversidade e impulsar a súa plena inclusión na comunidade.
A concelleira Elena Sierra sinala que “este encontro quere ser un espazo de aprendizaxe, participación e convivencia, no que a sociedade poida coñecer de preto as experiencias e o talento das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, fomentando así unha mirada...
leer másO Concello de Viveiro celebrará o sábado 25 de outubro o terceiro Foro Económico, titulado Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña, “un espazo de diálogo que reunirá a empresas, administracións públicas, entidades asociativas e representantes do ámbito universitario co obxectivo de analizar o presente e o futuro económico da comarca”.
O encontro terá lugar no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas e “o obxectivo é poñer en valor as oportunidades de alto rendemento que poden xurdir de sectores clave como o forestal, o turismo ou a gastronomía, fomentando un desenvolvemento produtivo, sostible e con valor engadido para o territorio”.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, subliña que “este foro é unha mostra do noso compromiso coa cooperación e coa creación de sinerxías entre todos os axentes que...
leer más












