Down Lugo

10/10/2025

Do 15 ao 31 de outubro poderá visitarse en Ribadeo a exposición fotográfica Tan coma ti, da asociación Down Lugo. A mostra estará exposta na Oficina de Turismo. O acto inaugural será o día 15, mércores, ás doce do mediodía.

“Trátase dun proxecto da Asociación Down Lugo que ten como obxectivo amosar a realidade actual das persoas coa síndrome de Down, rompendo estereotipos e reivindicando o seu papel activo e valioso na sociedade. Tan coma ti é unha exposición fotográfica inspirada na campaña homónima lanzada por Down España este 2025 con motivo da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down o pasado 21 de marzo. Esta campaña busca sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva e desmontar estereotipos, amosando que as persoas coa síndrome de Down senten, pensan e...

leer más