Lucía Ferro

04/12/2025

Pomba, a que non era, o novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por Andrea Lombardía, será presentado en Foz o día 20 de decembro, sábado. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

O novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por Andrea Lombardía, estase a levar a cabo a través dunha rolda de financiamento colectivo que rematará o 26 de decembro. “A 22 días da finalización xa acadou o 40% do seu obxectivo. Para celebrar esta meta, as autoras anuncian a dispoñibilidade dunha nova versión do conto ilustrado na variante dialectal Fala Eonaviega. Do mesmo xeito que as linguas xa existentes, as persoas interesadas poden achegarse a goteo.org/project/pomba-a-que-non-era para participar na campaña e recibir o libro unha vez a campaña remate con éxito”, explica Lucía Ferro, que tamén anuncia: “para continuar coa promoción do proxecto, o vindeiro 20...

leer más
Etiquetas:
16/11/2025

A publicación Pomba, a que non era, é o novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por a artista ribadense Andrea Lombardía. A autora anuncia que se fará unha presentación e lectura do conto o día 23 de novembro, domingo, ás 12 horas no Cine Teatro de Ribadeo: “os máis cativos poderán gozar do conto lido pola autora, con acompañamento visual dos debuxos. Ademais diso haberá un coloquio sobre os temas que trata a obra como o bullying ou a superación das feridas que causa e tempo para preguntas de calquera que asista”.

Ademais Lucía Ferro explica que este libro está “pensado para ser desfrutado por toda a familia, pero moi especialmente ao ser lido de pais a fillos. A través dunha historia que ten como protagonista unha pomba ferida, o libro trata temas como a saúde mental e como o bullying ou outras feridas sufridas...

leer más
19/03/2025

O poemario titulado Laídos Cardíacos, de Lucía Ferro, será presentado en Ribadeo este venres, día 21 de marzo. O acto será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, que está na rúa Antonio Otero, 19, da vila ribadense.

Haberá un recital poético con acompañamento musical, a cargo de José Manuel Ventoso á guitarra. E ademais intervirá Antonio Gregorio.

03/02/2025

A escritora Lucía Ferro presentará o seu poemario titulado Laídos Cardíacos cun recital musicado que terá lugar en Barreiros este venres, día 7 de febreiro.

Este acto será no Bar Moderno, de San Cosme de Barreiros, ás 17:00 horas.