
Pomba, a que non era, o novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por Andrea Lombardía, será presentado en Foz o día 20 de decembro, sábado. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
O novo libro de Lucía Ferro, ilustrado por Andrea Lombardía, estase a levar a cabo a través dunha rolda de financiamento colectivo que rematará o 26 de decembro. “A 22 días da finalización xa acadou o 40% do seu obxectivo. Para celebrar esta meta, as autoras anuncian a dispoñibilidade dunha nova versión do conto ilustrado na variante dialectal Fala Eonaviega. Do mesmo xeito que as linguas xa existentes, as persoas interesadas poden achegarse a goteo.org/project/pomba-a-que-non-era para participar na campaña e recibir o libro unha vez a campaña remate con éxito”, explica Lucía Ferro, que tamén anuncia: “para continuar coa promoción do proxecto, o vindeiro 20 de decembro ás 6 da tarde na Casa da Cultura de Foz realizarase unha nova presentación, enfocada a pais, nais, familias e sistema educativo. O formato será semellante ao da anterior, realizada en Ribadeo que se pode ver ao completo en Youtube, na canle de Lucía ferro ou directamente buscando “Pomba, a que non era”.


