Crianzas
O Concello de Cervo organiza unha nova edición do obradoiro de teatro Pimpín, que dará comezo en novembro. Está dirixido ás crianzas de 6 a 12 anos. Terá lugar os martes e os xoves de 18 a 19 horas na Casa da Cultura en San Ciprián, onde se poderán realizar as inscricións.
Desde o Concello sinalan que “levamos moitos anos apostando polo teatro para as crianzas, como ferramenta pedagóxica para o seu desenvolvemento integral nesta etapa na que comezan a construír a súa propia personalidade. O teatro é unha disciplina moi completa que lles axuda a socializar, mellora a súa concentración, e tamén potencia as súas habilidades comunicativas e a súa autoestima; entre outros moitos beneficios”.
A Concellaría de Cultura organiza dous obradoiros do Apego para as familias, que terán lugar os días 29 de xaneiro e 5 de febreiro. A inscrición está aberta xa nas instalacións do Apego na Casa do Viejo Pancho. O primeiro, que se celebrará este sábado, será o de Instalacións de Xogos para crianzas de 1 a 3 anos de 11:00 a 12:30 horas. O segundo terá lugar o 5 de febreiro, titúlase Os Minimundos e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos. Neste caso o horario será de 12:00 a 13:30 horas.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “son dous obradoiros. O primeiro deles está dedicado a crianzas de 1 a 3 anos e vai ser este próximo sábado, 29 de xaneiro, de once a doce e media. Todas as familias interesadas poden xa comezar a inscribirse na oficina de Cultura, no horario de apertura, na Casa do Viejo Pancho. O seguinte dos...
leer másA Concellaría de Cultura organiza dous obradoiros do Apego para familias con bebés de seis meses a dous anos, que terán lugar os días 22 e 29 de maio, na Casa do Viejo Pancho. A inscrición está aberta. Van ser impartidos pola educadora María Novo.
A edil Pilar Otero explicou que “a Concellería de Cultura de Ribadeo ten un especial interese no proxecto Apego en canto supón sumar esforzos e crear dinámicas que favorezan que nais e país, en xeral as persoas adultas, lles transmitan ás crianzas o noso idioma. Desde este punto de vista recibimos como unha moi boa nova e moi necesaria que o parlamento galego, por unanimidade, decidise estes días apoiar unha canle só dedicada á programación infantil na Televisión de Galicia. A presentación da iniciativa popular da Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia, apoiada por máis de 300.000...
leer más