Rapazada

30/12/2023

O 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.

O horario será o seguinte: 
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.

O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.

Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.

Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos...

leer más
Etiquetas:
16/05/2023

Súmate ao Volei, a actividade organizada polo Concello de Ribadeo e a Anpa O Esteo, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foi un éxito. Debido á boa acollida prolongarase durante un mes máis, segundo deu a coñecer a concelleira de Ensino, Pilar Otero.

A edil ribadense explicou que “unha vez avaliados os resultados e os obxectivos acadados decidiuse estender a actividade un mes máis, xa que o grao de satisfacción é dificilmente superable”.

Desde a Anpa O Esteo comentaron que “durante os obradoiros que se celebraron,  a mocidade participante aprendeu, medrou e desfrutou a través desta disciplina deportiva. Creouse un espazo de lecer saudable, onde destacaron as accións humanizantes e inclusivas nas prácticas deportivas como cohesión e cooperación: valoración positiva do grupo e tolerancia cos erros d@s compañeir@s; e...

leer más
12/04/2023

As Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade organizan actividades de verán para a rapazada. Trátase de campamentos urbanos,  Aventura en Igualdade e o III Orienta Ribadeo.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, e máis o concelleiro de Mocidade, David Rivas, comentaron que “a programación de verán é unha iniciativa para que a mocidade ribadense empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc, e  un recurso de conciliación da vida familiar e laboral”. 

Freire Rancaño sinalou que “mantemos os campamentos urbanos durante o mes de xullo, Orienta Ribadeo no mes de setembro e  como novidade recuperamos a oferta de anos anteriores,  ofrecendo fóra do municipio, o campamento Aventura en Igualdade, dirixido a rapaces e...

leer más
Etiquetas:
23/12/2022

Arrincou a segunda edición do RibaXogo na gran carpa instalada no parque de San Francisco. Os tíckets para acceder poderán conseguirse en comercios, en establecementos hostaleiros e de servizos, en calquera micropeme ou pequena empresa de Ribadeo, de calquera sector, despois de ter feito unha compra ou de ter consumido por un importe superior a 5 euros. 

O RibaXogo está aberto hoxe en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas, ao igual que os días 30 de decembro, 7 e 8 de xaneiro. O 24 e o 31 de decembro o horario será de 12 a 14 horas polas mañás e polas tardes de 16:30 a 19:30 horas. O resto das xornadas 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro RibaXogo abrirá de 17 a 21 horas. Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro este centro de ocio estará pechado. 

O concelleiro de Comercio e Desenvolvemento...

leer más
Etiquetas:
04/08/2022

O Concello de Ribadeo organiza uns obradoiros tecnolóxicos baixo o título Steam, derrubando estereotipos. Impartiranse na Aula CeMIT de 10:30 a 13:30 horas. Serán os días 23 e 24 de agosto para a rapazada de 8 a 11 anos. 

Neles aprenderán a programar de xeito moi sinxelo e creativo. Verán conceptos sobre intelixencia artificial, robótica e deseñarán tamén circuítos en papel, todo baixo unha metodoloxía activa e un aprendizaxe práctico con profesionais do sector.
Desde o Concello apuntan que “é unha boa maneira de introducir á rapazada, desde moi cativos, na outra cara da tecnoloxía”. 

A inscrición é gratuíta para todos e todas e as prazas son limitadas. O prazo de inscricións atópase aberto e pódense apuntar no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo...

leer más
Etiquetas:
08/02/2022

O Concello de Viveiro impulsa o obradoiro “As mulleres que nos constrúen”, co obxectivo de unir a figura de Rosalía de Castro, cuxo día se celebra o vindeiro 23 de febreiro, coa historia das orixes de cada persoa. 

A actividade celebrarase os días 19 e 20 de febreiro na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. O obradoiro diríxese a nenos e nenas a partir de 6 anos, para que indaguen na historia das mulleres que forman parte da súa familia. Os participantes afondarán en como as decisións e acontecementos na vida destas mulleres atravesaron o tempo ata chegar ás seguintes xeracións. 

As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta deben inscribirse por teléfono na Biblioteca Municipal de Viveiro: 982570606. A continuación, facilitarase vía e-mail a información necesaria. 
Os nenos e nenas...

leer más