Os días 23 e 30 de decembro e 3 de xaneiro terán lugar en Burela obradoiros de escrita creativa con Antía Yáñez

O Concello de Burela convida á rapazada de 14 a 20 anos a esta actividade, que se desenvolverá os días 23 de decembro, 30 de decembro e o 3 de xaneiro.

Nesta ocasión terá lugar na Sala Multiusos da Casa da Cultura de 10:30 a 13:30, e non na biblioteca como noutras edicións.

As prazas son limitadas, polo que será necesario apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de luns a venres entre as 9:00 e a 13:00 e entre as 17:00 e as 20:00 horas.