igrexa de Vilanova

07/01/2026

A igrexa de Santa María de Valdeflores, en Vilanova de Lourenzá, acollerá a presentación dun libro sobre os seus órganos. Será este sábado, día 10 de xaneiro, ás 19:45 horas.

A asociación Patrimonio Laurentino explica que os autores desta publicación, titulada Os órganos de Lourenzá. Ecos do pasado, sons do futuro, son os especialistas nesta temática Belén Bermejo López e Andrés Díaz Pazos e salienta que os órganos da Igrexa de Lourenzá “destacan tanto polas súas características como pola conservación de compoñentes orixinais. Este sábado 10 terá lugar unha presentación en Lourenzá dun libro na que poderemos coñecer moitos máis datos destes exemplares únicos”.

Entregaranse exemplares do libro de balde aos asistentes á presentación.