Shopping Weekend
Este venres, día 12 de xuño, e o sábado 13 case 40 establecementos participan na campaña Shopping Weekend ou tamén coñecida como a campaña do 20%, anuncia a Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro, que organiza unha nova edición dunha das súas “campañas estrela, o Shopping Weekend, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e incentivar as compras durante a fin de semana. No ano 2024 o CCHV foi finalista nos Premios Comercio Dinamización por esta orixinal iniciativa, que se prepara con tan só 24 horas de antelación, xerando un efecto sorpresa non só nos clientes senón tamén nos propios comerciantes que se enteran 24h antes de que se vai levar a cabo a iniciativa. Son 39 establecementos adheridos á campaña os que ofrecerán descontos especiais nunha ampla selección de artigos, convertendo o centro histórico nun atractivo punto de compras...
leer más



