A campaña “Shopping Weekend” da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro desenvólvese os días 12 e 13 de xuño

Este venres, día 12 de xuño, e o sábado 13 case 40 establecementos participan na campaña Shopping Weekend ou tamén coñecida como a campaña do 20%, anuncia a Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro, que organiza unha nova edición dunha das súas “campañas estrela, o Shopping Weekend, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e incentivar as compras durante a fin de semana. No ano 2024 o CCHV foi finalista nos Premios Comercio Dinamización por esta orixinal iniciativa, que se prepara con tan só 24 horas de antelación, xerando un efecto sorpresa non só nos clientes senón tamén nos propios comerciantes que se enteran 24h antes de que se vai levar a cabo a iniciativa. Son 39 establecementos adheridos á campaña os que ofrecerán descontos especiais nunha ampla selección de artigos, convertendo o centro histórico nun atractivo punto de compras e ocio para veciños e visitantes”.

O CCH Viveiro destaca que “a chegada da temporada estival fai desta campaña unha excelente oportunidade para adquirir produtos de verán aproveitando prezos moi vantaxosos. Moda, calzado, complementos, deportes, mercería e lencería, fogar, ópticas, xoierías, mobles e decoración, agasallos, telefonía, salóns de peiteado e moitos outros sectores comerciais sumaranse a esta iniciativa. Os negocios participantes están perfectamente identificados ca imaxe corporativa da campaña, banderolas de color fucsia de 2 metros nas entradas dos comercios, e vinilos identificativos có 20% nos escaparates, facilitando ós clientes a localización dos establecementos adheridos de xeito moi visual e sinxelo. Os descontos aplicados durante o Shopping Weekend corresponden exclusivamente a esta campaña e non serán acumulables a outras promocións, ofertas especiais, encargos ou devolucións. Con esta iniciativa espérase repetir o éxito de edicións anteriores, atraendo centos de compradores ao centro da cidade e contribuíndo tamén á actividade da hostalaría, das terrazas e dos negocios da contorna”.

Desde a Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro animan a toda a cidadanía e aos visitantes a “achegarse durante esta fin de semana, desfrutar dunha agradable xornada de compras, aproveitar as numerosas promocións preparadas polos establecementos participantes e gozar do ambiente comercial, gastronómico e de lecer que ofrece o centro histórico de Viveiro”.

A iniciativa enmárcase dentro das actividades de dinamización de Centros Comerciais Abertos da Xunta de Galicia.