CCH
Este venres, día 12 de xuño, e o sábado 13 case 40 establecementos participan na campaña Shopping Weekend ou tamén coñecida como a campaña do 20%, anuncia a Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro, que organiza unha nova edición dunha das súas “campañas estrela, o Shopping Weekend, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e incentivar as compras durante a fin de semana. No ano 2024 o CCHV foi finalista nos Premios Comercio Dinamización por esta orixinal iniciativa, que se prepara con tan só 24 horas de antelación, xerando un efecto sorpresa non só nos clientes senón tamén nos propios comerciantes que se enteran 24h antes de que se vai levar a cabo a iniciativa. Son 39 establecementos adheridos á campaña os que ofrecerán descontos especiais nunha ampla selección de artigos, convertendo o centro histórico nun atractivo punto de compras...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha dende este xoves 27 ata o sábado 29 de novembro a campaña co lema O Mellor Black sin esperas nin sorpresas, mercas e xa o levas, unha fin de semana de compras ofrecendo “fantásticos descontos en miles de artigos”.
“Serán 36 negocios facendo super descontos e promocións. Participan tanto comercios como servizos: hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías e salóns de peiteado. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local”, anuncia o CCH de Viveiro, que engade: “unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste martes 22 de abril e ata o 4 de maio a Campaña do Día da Nai có sorteo dunha Experiencia en familia.
“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos unha viaxe para que poida desfrutar mamá con toda a familia. O gañador poderá escoller as datas e o destino entre milleiros de posibilidades (Cabárceno, Parque Warner, etc) para pasalo en grande! O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 22 de abril ó 4 de maio (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 5 de maio de 2025 ás 16:00 horas a través...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fóra Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local. Dende o xoves día 6 ata o sábado 8 de Marzo serán 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada “cuns descontos incribles, chegando ata ó 70 por cento en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock, pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos”, destaca o CCH Viveiro, que engade: “para facelo máis rechamante unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen, se o tempo acompaña. A gran variedade de tendas que se suman a esta...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o colectivo Prato-Do poñen en marcha unha campaña de colaboración con Cines Viveiro para os días 18, 19, 25 e 26 de xaneiro
Centro Histórico de Viveiro anuncia: “continuamos coa colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó...
leer másA asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro sortea catro soldos de 1.200 euros cada un e organiza diferentes actividades de Nadal: decoración de negocios con árbores Led e grilandas; panxoliñas polo fío musical; casiña de Papá Noel do 21 ao 24 de decembro; cartas de Papá Noel e Reis Magos coas compras nos negocios asociados; árbore de luces de 11 metros na Praza Maior con concurso de selfies, etcétera.
Ademais o día 24 pola mañá O Apalpador e o día 28 o Paxe Real recorrerán as rúas do Centro Histórico. E o día 23 haberá un obradoiro de música electrónica con Dj Karras.
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro anuncia que continúa “coa colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Trala boa acollida entre o público que tivo esta promoción nas anteriores edicións, poñémola de novo en marcha pero con novidades có fin de mellorar a actividade o máximo posible. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local”.
Serán vales desconto de 2 euros para poder ver nesta ocasión 3 películas de...
leer más









