Pedra
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acollerá este venres, día 18, unha demostración sobre a aplicación dun novo revestimento simil pedra chamado Tor Piedra. Está organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil do centro e correrá a cargo de profesionais da firma Tor Pinturas.
Esta actividade está aberta ao público en xeral, pero é dirixida especialmente a traballadores do sector. Debido á pandemia a aforo está limitado a 50 persoas e polo tanto os interesados en participar teñen que inscribirse previamente chamando ao CIFP Porta da Auga (teléfono 982.128.894) ou en calquera das tendas de Tor Pinturas na Mariña.
Desde o departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga explican que “a actividade, que será eminentemente práctica, desenvolverase nunha...
leer másA XVI edición da Festa do Polbo da Pedra, que se vai desenvolver pasado o 13 de abril, Xoves Santo, en Xove foi presentada polo alcalde, Demetrio Salgueiro, o presidente da ACIAM de Xove, Juan Carlos López, e por outro membro da organización Miguel Gómez.
Serán 1.500 quilos de polbo os que se sirvan a partir das sete da tarde nos locais hostaleiros participantes: son: Cafetería A Roda, Pizzería A Fuga, O Refugio, Club Palmeiro, Pulpería-Bar Cociña, Cafetería Centro Cívico, O Cabaliño, e Pizzería Onde Sempre.
Desde a organización invitan “a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica”.