Día da Nai
Ata o 8 de maio desenvolverase a campaña do Día da Nai organizada por Acia Foz-CCA. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados ata ese día entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. Aquí en Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. E engade que “tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial como é a do Día da Nai”.
Acia Foz-CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o Día da Nai co sorteo dunha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos, dunha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo e dunha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque. Ademais o 4 de maio Acisa repartirá, un ano máis, flores na rúa para as mamás. O slogan elixido é E ti que lle regalas a mamá?
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que a campaña “terá lugar do 25 de abril ao 4 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados recibirán papeletas para participar no sorteo dos tres premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos, unha visita guiada a...
leer másAcia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai, que se desenvolverá entre o 25 de abril e o 8 de maio. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados nesas datas entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “poderán participar no sorteo aquelas persoas que realicen compras entre o 25 de abril e o 8 de maio por importe superior aos 10 euros”. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día. Hai moitos negocios aos que podemos acudir para sorprendelas”. E lembra que “tamén toca...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste martes 22 de abril e ata o 4 de maio a Campaña do Día da Nai có sorteo dunha Experiencia en familia.
“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos unha viaxe para que poida desfrutar mamá con toda a familia. O gañador poderá escoller as datas e o destino entre milleiros de posibilidades (Cabárceno, Parque Warner, etc) para pasalo en grande! O xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 22 de abril ó 4 de maio (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 5 de maio de 2025 ás 16:00 horas a través...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro puxo en marcha dende este luns, 22 de abril, a Campaña do Dia da Nai co sorteo dunha “Experiencia Relax para Mamá”.
“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data e sortearemos 5 Bonos Relax no Thalasso las Sirenas, para que mamá desfrute dunha experiencia relaxante. As gañadoras poderán escoller entre distintas técnicas ou programas termais, programas especiais, rituais en bañeiras de hidromasaxe, etcétera, moitas opcións dentro dunha ampla carta de programas e tratamentos. O xeito de participar é moi sinxelo: só hai que descargar a App ViveiroCCH, onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 22 de abril ó 5 de maio de 2024 (ambos incluídos)”, explica o...
leer más