
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste xoves, día 23 de abril, a Campaña do Dia do Nai co sorteo de 300 euros e regalando instantáneas de nais e fill@s. Rematará o 2 de maio.
“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e para conmemorar o Dia da Nai organizamos a campaña Unha foto de xeracións: nais, avoas e fill@s, o mesmo amor en distintas etapas da vida. O sábado 2 de maio instalaremos un estudio fotográfico na Sala Multiusos do Concello. Realizaremos unha sesión de fotos a tódalas nais que se acheguen cós seus fillos/as ou incluso a tres xeracións xuntas, avoas, fillas e net@s. Os días posteriores poderán seleccionar e encargar a foto que mais lles guste e levala totalmente gratis. O único requisito para poder participar é entregar vales de compra de mínimo 20 euros de calquera dos negocios asociados ó CCHV. O horario do estudio fotográfico será o sábado 2 de maio de 11 a 14 e de 16:30 a 20:30 horas”, anuncia o Centro Histórico de Viveiro, que engade: “o obxectivo é atopar a mellor imaxe que capte a esencia do Día da Nai, polo que tódalas fotos serán valoradas por un xurado e a que obteña a mellor valoración será a gañadora de 300 euros en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Buscamos a imaxe das mamás de antano e de hoxe, dende as máis tradicionais ás mais modernas e actuais. Distintas xeracións que amosen á cámara a complicidade de nais e fill@s. Unha actividade para realizar en compañía das nosas nais, fill@s, avoas, netos/as,… e quedarnos cun bonito recordo do Día da Nai”.
O CCHV indica ademais: “con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos. Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro”.
As bases da campaña e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, na APP ViveiroCCH e no perfís de Facebook, X e Instagram.


