Infantil

Etiquetas:
01/11/2026

A compañía Artika Teatro representará en Viveiro o espectáculo titulado O libro da selva. O musical. Será no Teatro Pastor Díaz o sábado 7 de novembro ás 18:00 horas. Ten unha duración de 50 minutos e está dirixido a público infantil maior de 3 anos.

O elenco artístico está formado por Yoel Alonso, Fernanda Barrio Barcala, Irene Lorenzo Rei, Marcos Alonso e Rocío Salgado.

A sinopse é a seguinte: “A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan. Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar? Música en directo,...

leer más
Etiquetas:
17/08/2026

Cervo acolle a semana infantil organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco desde este luns, día 17 de agosto, ata o venres 21. Todas as actividades serán na Praza do Souto a partir das 18:00 horas, agás o venres, que está programada para as 20:30.

Este luns hai xogos tradicionais; o martes, chan interactivo; o mércores, master chef infantil; o xoves, inchables; e o venres, ensaio xeral da 48 Queimada Popular.

Airiños do Xunco destaca que “a Praza do Souto encherase, coma todos os anos, de diversión para os máis pequenos da casa”.

29/04/2026

Este xoves, día 30 de abril, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha actividade de animación á lectura coa presenza da compañía Trécola Producións presentando Contos da Lúa, un espectáculo dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, anuncia o Concello de O Vicedo.

A sinopse desta actividade é a seguinte: “cando chega a noite, mentres durmimos, a Lúa asoma a súa cariña polas fiestras e goza dos nosos soños. Así coñece moitas historias máxicas, tolas e divertidas. Os soños que máis lle gustan son os de Calcetín, un persoeiro amante da lectura e con moita imaxinación. Flota entre as estrelas, leva o temón dun zapato que percorre os mares ou viaxa ata o mundo do revés”.

25/04/2026

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o espectáculo infantil titulado Dedín, dedín, dedal, creado por Baobab Teatro para Malasombra Producións. Será este domingo, día 26 de abril, ás 17:30 horas.

O Concello de Ribadeo explica que é Dedín, dedín, dedal hai “contos, xogos e cantigas para enredar, rir e bailar. Un espectáculo musical e teatral pensado para os máis pequenos/as da casa, onde a imaxinación e a música van da man. Unha experiencia próxima, divertida e chea de tenrura”.

Etiquetas:
06/04/2026

O Concello de Xove organiza un obradoiro gratuíto para nenos e nenas maiores de 6 anos. Será este sábado, día 11 de abril, ás 17 horas na Casa do Director.

As prazas son limitadas e para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do teléfono 691.235.185 (Olalla).

A organización desta actividade explica: “si tu peque tiene más de 6 años, este taller es para él/ella. A través del juego, el movimiento y la respiración, aprenderán a relajarse, concentrarse mejor, conectar con su cuerpo y expresar sus emociones. Un espacio divertido, tranquilo y lleno de buena energía”.

 

14/03/2026

O Concello de Barreiros anuncia: “como continuidade da nosa aposta por favorecer a conciliación familiar, organizamos un campamento infantil para que a cativada estea entretida e as familias poidan cumprir, da mellor maneira posible, coas súas obrigas. O prazo de preinscrición comeza o luns 16 e finaliza o día 20 de marzo”.

As taxas desta actividade son: 5 euros para crianzas censadas no Concello de Barreiros e 20 euros para as que non estean.

Etiquetas:
16/02/2026

O Concello de Riotorto organiza un Entroido infantil para este martes, día 17 de febreiro. Será desde as 17:00 horas no pavillón municipal.

Haberá inchables e repartirán chocolate con churros para todos a partir das 20:00 horas.

11/02/2026

A Pontenova celebrará un Entroido infantil este domingo, día 15 de febreiro. Será no pavillón municipal Tito Margaride desde as 17:00 horas.

Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello, que anuncia: “o vindeiro 15 de febreiro ás 17:00 horas agardámoste no Pavillón Municipal Tito Margaride para gozar dunha tarde chea de xogos, música e baile pensada para os máis pequenos e para toda a familia! Prepara o teu mellor disfrace e ven vivir un Entroido máxico, divertido e cheo de sorpresas”.

03/02/2026

O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 25 de abril ás 18.00 horas o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha proposta escénica da compañía A Xanela do Maxín dirixida a público infantil e familiar, recomendada a partir de 2 anos.

O Concello de Burela explica que esta obra “presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un inesperado incidente ao saír do seu tobo, decide iniciar unha peculiar investigación pola granxa para descubrir cal dos animais foi o causante. No seu percorrido atoparase con diferentes personaxes, nunha sucesión de situacións cheas de humor e sorpresa. Cun ton divertido, o espectáculo conecta co público máis novo e tamén co adulto, ao tempo que introduce valores como o respecto polos animais, a curiosidade e a importancia de reflexionar sobre si...

leer más
Etiquetas:
22/12/2025

A Praza do Souto, de Cervo, acollerá este mércores, 24 de decembro, a XVI Noiteboa Infantil organizada pola asociación Fervenza de Sargadelos. As actividades comezarán ás 18:00 horas.

“Un ano máis celebramos a Noiteboa Infantil. Contaremos cun espectáculo de maxia, baile e humor da man de Rudi Dudi, chocolatada e a visita, como é habitual, de Papá Noel. Vémonos o 24 na Praza do Souto!”, anuncia a asociación Fervenza de Sargadelos.