Riotorto
O deputado provincial de Medio Rural, Daniel García, participou na presentación da Feira de Gando Cabalar, organizada pola Asociación de Veciños de Augaxosa, que terá lugar este sábado, día 12, coincidindo coas festas parroquiais desa parroquia de Riotorto, que se celebran do venres 11 ao domingo 13 de setembro.
A Vicepresidencia da Deputación, a través da Área de Medio Rural, anuncia que “contribúe ao desenvolvemento desta cita coa achega de 5.000 euros, fortalecendo así a súa colaboración coas feiras cabalares que se celebran na provincia, especialmente na Mariña interior, e favorecendo a continuidade dunha tradición estreitamente ligada ao territorio”. Neste senso Daniel García sinalou “o traballo da asociación veciñal á
hora de manter unha feira documentada desde o século XVIII, e
consolidada como unha das máis importantes da contorna e que,...
A asociación Arrincadeira, de Riotorto, Mariña Patrimonio e ADEGA organizan para o vindeiro sábado 5 de setembro, ás 19.00 horas, a conferencia titulada O campamento romano do Vedro da Fame en Riotorto: unha peza fundamental para entender a conquista romana do noroeste ibérico. Será impartida polo arqueólogo e investigador Andrés Menéndez Blanco, quen explicará a relevancia deste recinto para coñecer a conquista romana do noroeste ibérico. Celebrarase no Centro Sociocultural Avelino Díaz, de Riotorto.
Os organizadores explica que esta conferencia “permitirá achegar ao público o coñecemento existente sobre o Vedro da Fame, un recinto militar romano identificado en 2023 mediante o estudo de fotografías aéreas e datos LiDAR. O xacemento sitúase maioritariamente no concello de Riotorto, na parroquia de Santa Marta de Meilán, aínda que...
leer másA música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre porá son a Feira do Ferro de Riotorto cunha actuación o sábado 18 de abril ás 22.00 horas, na véspera da Feira.
O concerto, impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, “pretende ampliar a dimensión cultural e patrimonial da Feira e poñer en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante a tarde do sábado”.
O músico coruñés visitou este venres forxa de Agustín de Faustino, un dos ferreiros en activo, onde coñeceu os detalles deste oficio artesán e a súa tradición en Riotorto. Tamén compartiron lembranzas sobre informantes do concello que Xabier Díaz coñeceu durante as súas recollidas como Daniel e Eugenio Fernández -os...
leer másA Vicepresidencia da Deputación colaborará na programación da Feira do Ferro de Riotorto cun concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o día 18 de abril, sábado.
“A actuación amplía o impacto dinamizador da feira a toda a fin de semana e pon en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante esa tarde”, destaca a Vicepresidencia da Deputación, que engade: “a actuación encádrase na programación que a área de Cultura organiza por toda a provincia en colaboración co tecido asociativo e cos concellos para fomentar a presenza da música tradicional e dos artistas e bandas de música en galego en festivais, festas e celebracións populares”.
Ademais a deputada Iria Castro trasladou á Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto o apoio da...
leer másVilaseca, no municipio de Riotorto celebrará as festas na honra a San Xosé e Nosa señora os días 21, 22 e 28 de marzo.
As actividades comezarán este sábado, día 21 de marzo, ás 13:00 horas con misa solemne e procesión a continuación. Seguidamente haberá sesión vermo co grupo Los Adrianos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Triunfo.
O domingo 22 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión a continuación. Despois haberá sesión vermú prolongada co grupo D’Cano.
E o día 28, sábado, ás 28 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión a continuación. Seguidamente terá lugar una sesión vermú co dúo Belinda, que tamén actuará na sesión tarde-noite, despois dun xantar popular.
A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa...
leer másO vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou este sábado, 28 de febreiro, na presentación do IV Trail dos Muíños de Riotorto que se celebrará o 23 de maio. A Vicepresidencia da Deputación apoia a organización da proba organizada pola Asociación de Veciños de Ferrería que este ano forma parte por primeira vez do calendario galego de trail, concretamente da Serie Plata, “un recoñecemento que impulsa a súa visibilidade e atractivo para atletas de toda Galiza”.
No acto Efrén Castro destacou “a contribución do trail e das populares a estender a actividade deportiva e a fortalecer a base deste deporte” e valorou “o traballo da organización para poñer en marcha e consolidar unha proba destas características, que pon en valor a paisaxe e o territorio e crea comunidade”.
Interviñeron tamén Alberto...
leer másO Concello de Riotorto organiza un Entroido infantil para este martes, día 17 de febreiro. Será desde as 17:00 horas no pavillón municipal.
Haberá inchables e repartirán chocolate con churros para todos a partir das 20:00 horas.
A Órrea, no municipio de Riotorto, acollerá o día 3 de xaneiro, sábado, desde as 16:30 horas, actividades dedicadas ao poeta Avelino Díaz.
A Asociación Avelino Díaz anuncia que, para rematar as actividades programadas ao redor dos 128 anos do nacemento de Avelino, organiza para o día 3 de xaneiro un acto na Órrea. E explican: “con el pretendemos basicamente dúas cousas: recuperar a memoria do movemento agrarista existente na Terra de Miranda a principios do século pasado, do que nos ilustrará o profesor Hervés cunha conferencia no Local Social da Asociación de Veciños da Órrea; e reconciliar as figuras literarias de Manuel María García Castro, poeta da revista El Agricultor, editada en Riotorto nos albores dese século XX e voceira desa organización labrega, e do seu fillo natural, Avelino Díaz, o poeta de Meira, como era coñecido na...
leer másO Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 17 de decembro, mércores, ás 14:30 horas na Casa da Cultura. O prezo é de 25 euros por persoa.
Este evento estará amenizado coa música do dúo Dilema.
O grupo teatral Pico do Castro, de Foz, presentará en Riotorto a obra titulada Trato a cegas. Será este venres, día 21 de novembro, ás 22:00 horas no Centro Sociocultural.
O reparto de Pico do Castro para esta representación está formado por Juan José Villarino Calvelo e José Ramón Villarino Neira.
É unha actividade organizada polo Concello de Riotorto.












