Riotorto
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González,e o Presidente da Asociación de Ferreiros,José Manuel Cobo,xunto a outras autoridades,presentaron este luns a XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 15 de abril. A presentación tivo lugar na Forxa de Manolo de Viñabella e, durante o acto, tivo lugar unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde subliñou“o compromiso do Executivo Provincial con esta cita, coa que mantemos unha estreita colaboración nos últimos anos, posto que se ten convertido nunha referencia na nosa provincia. Deste xeito, achegamos 11.000 euros para a celebración desta décimo segunda edición da feira, que logra atraer a milleiros de persoas ao municipio, dinamizando a economía local e do conxunto da Mariña Lucense,...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega outros 10.500 euros á promoción do traballo destes profesionais como “sinal único de identidade cultural e atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, da Mariña Oriental, capaz de dinamizar a económica e xerar riqueza”. Así o destacou Campos Conde tras a sinatura deste convenio, que tivo lugar na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.
Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o Delegado da Xunta en Lugo,Jose Manuel Balseiro, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, presentaron a “XI Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o 16 de abril. Fixérono na Forxa de Jomaca de Espasande de Abaixo, cunha demostración en vivo da elaboración dun fouciño artesán a cargo do ferreiro JoseMaría Cabo.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación pon a disposición do Concello de Riotorto 20.000 euros para a Feira do Ferro. Trátase da mesma cantidade que xa achegou o ano pasado, convertendo a Deputación ese ano na institución pública que máis invistiu nesta cita. A cantidade que facilita para este ano forma parte dos 224.132 euros que o Executivo Provincial leva ao...
leer más











