Minas
Activas entre os anos 1896 e 1966, as Minas da Silvarosa representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia, con boa parte da súa produción destinada á exportación.
Neste roteiro ao patrimonio mineiro de Viveiro visitaranse distintas instalacións das antigas minas, na contorna dunha fermosa paisaxe natural, coas explicacións correspondentes do xeólogo Eduardo González Clavijo.
As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización desta actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.
A actividade comezará ás 10:00 da mañá do sábado 7 de outubro e a inscrición na mesma é gratuíta. As prazas son limitadas, polo que será necesario contactar previamente coa...
leer másO Concello de Viveiro será este sábado, 9 de setembro, o escenario da XV Marcha ‘Minas da Silvarosa’, unha proba que partirá ás 17:00 horas da praza do Concello e rematará no museo das minas, no monte Pinido.
Na presentación da marcha interviron a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do concello.
Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor “a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza”, ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.
A ACD As Minas organiza la décimo cuarta edición do Festival das Minas, en A Pontenova, que se celebrará o 11 de decembro.
O programa de festexos dará comezo ás once da mañá coa apertura e visita da Mina consuelo para espeleólogos federados. O número de prazas é limitado.
Ás 21:00 horas haberá unha churrascada popular ao prezo de 16 euros. As prazas son limitadas. A xornada rematará coas actuacións musicais, a partir das once de noite, de La Movida, Eco das Minas e DJ Local. Aplicaranse as medias covid e os aforos serán limitados.
Colaboran na organización deste evento: Concello de A Pontenova e Deputación de Lugo.