A Pontenova
A asociación Carro Tarabelo, de A Pontenova, organiza unha visita á bodega Don Pedro Leivas, de Riotorto, para este domingo, día 8 de novembro.
“Acompáñanos a descubrir todo o proceso de elaboración da sidra, dende os maceiros ata o lagar por gravidade e a destilación en alambique. Unha experiencia para conectar coa terra e coñecer como se combinan tradición e modernidade”, explica a asociación Carro Tarabelo, que anuncia o programa da visita: ás 10:15 horas, Concentración na Praza dos Fornos (A Pontenova); ás 10:30, saída cara a Riotorto (Espasande de Arriba): e ás 11:00 horas, visita guiada e cata maridada con pinchos de produtos locais.
As prazas están limitadas a un máximo de 30, o prezo é de 15 euros e a data límite para inscribirse é este venres, 6 de novembro, enviando un WhatsApp ao 607.42.94.54 (Carlos...
leer másA asociación Carro Tarabelo anuncia que este domingo, día 25 de outubro, “esperamos por ti na Praza dos Fornos para gozar dunha boa andaina e, ao rematar, o clásico xantar con empanada e castañas asadas”.
As actividades comezarán as 10:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, onde será tamén o xantar, que está previsto para as 14:00 horas.
A data límite para inscribirse é este xoves, 22 de outubro.
O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza un curso gratuíto de transformación e conservación de excedentes da horta con enfoque agroecolóxico. Será os días 16, 17 e 31 de outubro no Centro Social Blanca Muruais, que está na área recreativa de Saldoira (A Pontenova).
Será impartido por Luz de Ribeiregas nestes horarios: o venres 16, de 16 a 20 horas; e os sábados 17 e 31, de 15 a 21 horas. Para participar hai que inscribirse previamente.
É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
O Concello de A Pontenova anuncia que o domingo 18 de outubro o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presentará a obra teatral titulada Dona Clara, unha creación inspirada na obra A visita da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt. Será ás 19:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova.
“Unha oportunidade estupenda para gozar do teatro e apoiar a cultura e o talento da nosa contorna”, destaca o Concello de A Pontenova.
O Concello de A Pontenova ofrece clases de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverán os venres desde o día 2 de outubro ata o mes de xuño.
“Este venres, 2 de outubro, comezan as clases de ximnasia de mantemento nas distintas parroquias. Unha actividade pensada para manterse activos, mellorar a mobilidade e coidar a saúde dun xeito sinxelo e divertido”, anuncia o Concello de A Pontenova, que engade: “non é necesario anotarse. Só tes que acudir directamente no horario indicado no cartel”.
Serán todos os venres nestes horarios: en Xudán, de 16:30 a 17:30 horas; na Pontenova, de 17:40 a 18:40; en Villameá, de 18:50 a 19:50; en Rececende, de 20:00 a 21:00; e en Acebro, de 21:15 a 22:15.
El escritor lucense Francisco Narla presenta dos de sus libros, titulados Ultreia y Suseia, en A Pontenova este jueves, día 17 de septiembre.
El acto está previsto para las 20:00 horas en la Casa de Cultura.
O Concello da Pontenova organiza un taller de conservas para este sábado, 5 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas no local do CIT. As prazas son limitadas a 15 persoas e para participar hai que inscribirse a través do teléfono 982.34.22.77.
“Queres aprender a conservar os alimentos de forma segura, práctica e sinxela? O vindeiro 5 de setembro celebramos un taller no que aprenderemos diferentes técnicas de conservación, tanto prácticas como teóricas: conservas con azucre, agridoce, verduras ao natural... e moito máis! Unha oportunidade estupenda para aprender, compartir e aproveitar ao máximo os produtos da nosa terra”, explica o Concello da Pontenova.
Este sábado, día 22 de agosto, celebrarase na Pontenova o tradicional evento Baixeo e Faragulleo.
As actividades comezarán ás 9:30 horas coa concentración dos participantes na Chousa (entorno do Pozo da Ola); ás 10:00 será a saída para Piegaponte e ás 11:00 horas para Salmeán. Para as 14:00 está prevista a chegada á Chousa de Abaixo de a celebración do XXIV Faragulleo. E ás 16:00 horas haberá xogos familiares de integración.
É un evento organizado polo CIT de A Pontenova coa colaboración do Concello.
A parroquia de Xudán, no municipio de A Pontenova, celebra as festas na honra a Santa María Magadelena esta fin de semana, do 17 ao 19 de xullo.
As actividades comezarán este venres, día 17 de xullo, ás 22:00 horas cunha churrascada popular e verbena co dúo VeneGuay e DJ Bombardero.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión e sesión vermú. Na festa verbena actuarán o dúo Tropical e DJ Bombardero
E para o domingo ás 14:00 horas está programada misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo tradicional A Rebolaxe.
Este sábado, día 18 de xullo, ás 20:00 horas o salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova acollerá a presentación do novo libro de José Antonio Gómez Martínez, titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, “unha obra imprescindible para coñecer a historia do noso ferrocarril e o seu papel no desenvolvemento da comarca”, anuncia o Concello da Pontenova, que explica: “un volume de 416 páxinas, con 334 ilustracións e un plano despregable do ferrocarril de 80x27 centímetros, que recompila anos de investigación e documentación”.
A presentación contará coa participación de: José Antonio Gómez Martínez, autor do libro; Gabriel Ramallal Fernández, prologuista; e Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova.
“Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas apaixonadas pola historia e o patrimonio ferroviario a...
leer más












