Hambur Fest

20/05/2024

A asociación Desembarco Normando organiza a Hambur Fest este sábado, 25 de maio, desde as 21 horas na praza Conde de Fontao.

Haberá degustación de hamburguesa de merluza, patacas, viño ou auga, por 10 euros.

O colectivo organizador tamén anuncia que neste evento, no que colabora o Concello de Foz, terán sesión dj´s e sorpresas.