Ornitolóxica

Etiquetas:
08/08/2018

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Turismo e Medio Ambiente, vén de crear a ruta ornitolóxica da Ría de Lieiro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil Mali Méndez, estiveron percorrendo o paseo do Torno, no que se instalaron un total de 71 paneis, en 500 metros de percorrido,  “nos que se identifican as diferentes aves que se poden avistar na ría ou na contorna, e se recolle diferente información sobre este lugar e sobre as Illa Farallóns que é zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves)”.

Tal e como explicaron, a ruta, custeada integramente con fondos municipais, está dividida en dous tramos; no primeiro, que abrangue desde a desembocadura do Río Cobo, na Praia do Torno, ata a ponte de Lieiro, podemos ver as especies máis relacionadas co mundo mariño, como diferentes clases de gaivotas,...

leer más