Pobra de Brollón
01/10/2024
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 20 de outubro, domingo, un percorrido pola Ruta do Mel e da Castaña, en Salcedo (Pobra do Brollón). A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 desde Ferreira do Valadouro.
Os organizadores explican que é unha ruta de 9 quilómetros por un “precioso paraje interior de la Ribeira Sacra y pasaremos al lado de los restos arqueológicos de Penas do Castelo”.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 14 de outubro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
... leer más