Corazón
O programa de rutas e visitas guiadas Plans con corazón rematará a vindeira fin de semana con dúas actividades previstas nos municipios de Burela e O Vicedo, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio. Os plans están programados para o sábado, 11 de outubro, no Vicedo e para o domingo, día 12, en Burela, para os que aínda quedan prazas libres.
Con estas actividades chega ao seu fin esta sexta edición de Plans con corazón, impulsados desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, unha iniciativa que, un ano máis, está acadando un alto grao de participación e pon de manifesto o interese por coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.
O VICEDO-Sábado 11 de outubro
Cabanas que chegan a ser Teatros con Noela Feal
Na actual parroquia vicedense de Santa María de...
Os Plans con Corazón da Mancomunidade da Mariña chegarán o 4 e o 5 de outubro a Riotorto e Barreiros
O programa de rutas e visitas guiadas Plans con Corazón continúa este sábado e o domingo con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías oficiais expertos coñecedores do territorio. Os plans terán lugar os días 4 e 5 de outubro nos municipios de Riotorto e Barreiros, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de itinerarios moi especiais cos que explorar o patrimonio cultural e natural destes lugares da man dos guías de turismo e anfitrións do territorio.
RIOTORTO – Sábado 4 outubro
A pegada dun territorio con Carmen Delia
Un paseo para descubrir como a gandaría marcou o carácter de Riotorto, dende as súas paisaxes e tradicións, ata os antigos oficios nas ferrerías. Tamén haberá tempo para falar da historia, da riqueza arqueolóxica ou da toponimia e mesmo para visitar a...
Os Plans con corazón continúan este venres e o domingo con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.Os plans terán lugar os días 26 e 28 de setembro nos municipios de Lourenzá e Ourol, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de visitas moi especiais coas que explorar a historia e a paisaxe destes lugares da man dos guías locais.
LOURENZÁ-Venres 26 setembro
Un río de historia e patrimonio gastronómico con Carmen Delia
Un paseo fluvial para coñecer as orixes, as lendas e as paisaxes do concello, pero tamén para degustar produtos gastronómicos senlleiros, como é a Faba de Lourenzá. Os participantes coñecerán o proceso de produción desta leguminosa da man da Cooperativa Terras da Mariña e terán a oportunidade de catar unha...
Os Plans con corazón continúan este venres, 12 de setembro, con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.
Os plans terán lugar os días 12, 13, 14 e 15 de setembro nos municipios de Alfoz, Xove, A Pontenova e Cervo, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais.
Alfoz-Venres 12 setembro
Alfoz: a vida no río dourado con Ana Pena
Ruta ao carón do río Ouro para coñecer os vestixios históricos que garda, así como a natureza do ecosistema fluvial. O paseo culminará na recoñecida Finca Galea, espazo de harmonía e respecto polo medio, onde se realizará a “cerimonia do caldeiro máxico” da man de Lidia e Nines. ...
Este venres, 5 de setembro, comeza a sexta edición dos Plans con corazón, unha exitosa iniciativa coa que coñecer a riqueza dos 16 concellos que compoñen A Mariña Lucense. As primeiras actividades terán lugar os días 5, 6 e 7 de setembro nos municipios de Viveiro, O Valadouro e Mondoñedo, respectivamente. Serán plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais, expertos coñecedores do territorio.
VIVEIRO - Venres 5 setembro -10.30h.
Galdo, un concello que deu leña! Con Noela Feal
Visita para coñecer o antigo Concello de Galdo e a súa historia vinculada a persoeiros históricos como Pardo de Cela, a liñaxe dos Vivero ou María de las Alas Pumariño. Visita á Panadería de Forno de Leña de Galdo e participación dunha experiencia interactiva.
O VALADOURO -...
leer másUn ano máis os Plans con corazón volven á Mariña Lucense para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Entre o 5 de setembro e o 12 de outubro terán lugar as 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.
Neste programa de actividades, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace:https://amarinalucense.gal/gl/a-...
leer másO próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.
...
leer másO vindeiro sábado, 19 de outubro, Carmen Delia (La Guiateca) guiará a ruta Auga e milagres no Ermo, en Barreiros. Os asistentes visitarán os arredores de Santo Estevo do Ermo e a súa cascada para coñecer a historia das súas augas e as crenzas milenarias entorno a elas.
E o domingo, día 20, Ana Pena (Guía Tu día) achegará aos participantes ao tesouro escondido de Alfoz, onde terá lugar unha visita teatralizada por Castrodouro, que rematará cun obradoiro de cestería.
Aínda quedan prazas dispoñibles para as actividades da vindeira fin de semana. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.
A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense:...
leer más












