Ollomao

29/10/2026

Gargallada Teatro representará en Barreiros a obra titulada García, un cadáver informal. Será este sábado, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme. O prezo da entrada é de 3 euros e estarán á venda desde media hora antes da función).

Esta representación está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que anuncia: “chegamos á última proposta deste ciclo de teatro amador de Barreiros, organizado por Ollomao en colaboración con Fegatea. E despedímonos cunha nova compañía que vén cargada de humor e situacións disparatadas! A Asociación Cultural para a Promoción das Artes Escénicas Gargallada nace no Barco de Valdeorras en novembro de 2006. Un ano despois créase no seu seo Gargallada Teatro, o grupo de teatro afeccionado que se converte no eixo central das súas actividades culturais...

leer más
Etiquetas:
23/10/2026

O grupo de teatro Tiruleque, de Carballiño, representará a obra titulada A conspiración da piolla este sábado, día 24 de outubro, ás 20:00 horas nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante (Barreiros). O prezo das entradas é de 3 euros e venderanse desde media hora antes da función.

É unha representación incluída no ciclo de teatro amador organizado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que anuncia: “o grupo de teatro Tiruleque é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que vén desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño dende 1985. Presentan A conspiración da piolla”, que é “unha comedia de intrigas e sorpresas”.

01/08/2026

O Colectivo Cultural Ollomao anuncia que este domingo, día 2 de agosto, ás 21:00 horas, volve aos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante para representar a obra teatral Dona Clara. Explica que “nesta ocasión será con taquilla inversa. Ou, dito doutro xeito, faremos unha versión elegante do tradicional pasar a gorra. Non hai un prezo fixo de entrada: ao rematar a función, cada persoa poderá achegar a cantidade que considere, segundo as súas posibilidades e o valor que lle dea á experiencia vivida. É unha forma diferente de apoiar a cultura e de facer posible que o teatro siga chegando á nosa contorna”.

“Nós xa temos moitas ganas de compartir outra noite de verán convosco, entre risas, emocións e moito teatro”, engade Ollomao, que tamén anuncia que apertura de portas será ás 20:40 horas. “Prégase puntualidade. Unha vez comece a...

leer más
27/03/2026

O colectivo cultural Ollomao organiza no municipio de Barreiros un ciclo de obradoiros de artesanía, titulado SanArte, os días 29 de marzo, 26 de abril, 30 de maio e 13 de xuño.

Ollomao anuncia que “con este ciclo de obradoiros convidámosvos a parar, respirar e reconectar co ritmo pausado do traballo artesanal. A través de diferentes propostas creativas achegarémonos ao poder terapéutico de crear coas mans, ao contacto cos materiais naturais e á inspiración que nos ofrece a natureza. Serán encontros para aprender, experimentar e compartir, pero tamén para atoparnos nun espazo seguro, entre iguais, onde conversar sen présa e deixar que o benestar xurda do colectivo. Porque ás veces crear tamén é iso: escoitar, compartir e sentir que formamos parte de algo común”.

Este domingo, día 29 de marzo na Escolas...

leer más
21/03/2026

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro comunitario este domingo, día 22 de marzo. Será nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante de 17:00 a 20:00 horas.

“Este domingo 22 temos unha nova oportunidade para xuntarnos arredor do teatro, compartir, crear e deixarnos levar pola experiencia colectiva. Da man de Raquel López Cendán, abrimos un espazo para explorar, xogar e descubrir o que pode xurdir a través do corpo, da voz e da escoita compartida. Unha tarde para experimentar sen présas, para rir, para probar e para construír comunidade a través do teatro”, anuncia o Colectivo Cultural Ollomao.

 

Etiquetas:
13/01/2026

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Ribadeo a obra teatral Dona Clara, inspirada en A visita da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt. Será este domingo, día 18 de xaneiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.

O prezo da entrada é de 3 euros.

 

25/12/2025

O Apalpador estará este domingo, día 28 de decembro, desde as 18 horas na Praza do Concello de Barreiros.

Esta visita está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que anuncia: “xa chegou o señor Apalpador e este ano vén acompañado de música, cantigas e encontro arredor da tradición, nun obradoiro en familia con Blanca Villares. Esta actividade vén promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros para completar así unha tarde de lecer e cultura. E volveremos ter chocolatada”.

Etiquetas:
12/12/2025

O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro a obra titulada Dona Clara. Será este sábado, día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. É unha actuación incluída no Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A entrada é de balde ata completar aforo e non é necesario facer reserva previa.

O Concello de Viveiro anuncia que é unha traxicomedia para público adulto cunha duración de 90 minutos. Tamén explica que se trata dunha tradución e adaptación da obra orixinal O regreso da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt, a cargo de Ramón Casas, que ademais é o director.

O elenco está formado por: Juan Rodríguez, Benito Pérez, Patricia Pérez, Ramón Ángel Ares, Sandra Novo, Xosé Friol, Tino González, Fanny Pedre, Miriam Bouso,...

leer más
14/11/2025

O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra Dona Clara este domingo, día 16 de novembro, ás 19:00 horas no Centro Social de Cangas de Foz.

A entrada é de balde.

Etiquetas:
31/10/2025

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá dúas representacións teatrais esta fin de semana, o sábado 1 o domingo 2 de novembro.

 O Concello do Vicedo anuncia: “o sábado ás 20 horas teremos unha obra de teatro do grupo Avelaíña, de Pontevedra, titulada Almas na Gloria: D. Paco, coa seguinte sinopse: cumpridos trece anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o día das Letras Galegas do ano 2023 a quen foi o creador desa efeméride, Don Francisco Fernández del Riego. Os amigos de Don Paco (Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Enrique Peinador, Fermín Penzol e Manuel Gómez Román) acompañan a Del Riego na súa apoteose de elevación ao retablo dos Galegos Ilustres. No encontro rememoran a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no...

leer más