pescada
Dez locais hostaleiros de Burela celebran esta fin de semana, do venres 10 ao domingo 12 de outubro, as xornadas gastronómicas da Merluza D& Burela, nas que se poderán degustar diferentes pratos do peixe “máis capital do porto burelense, que o sitúa como principal lonxa de Galicia, España e Europa en pescada do pincho”.
A hostalería de Burela quere potenciar así a súa oferta gastronómica durante as pontes festivas de outubro e decembro, xa que durante a primeira fin de semana de decembro celebrarase un novo Ponte de Peixe de Burela, no que se ofrecerán receitas doutra das principais especies que capturan as frotas do porto de Burela.
Esta campaña realízase en colaboración con Armadores de Burela e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e...
leer másCelebrarase o vindeiro 15 de xullo a XXIV edición da Festa da Merluza de Celeiro. Será ás 21:00 fronte á piscina municipal. Os asistentes terán a oportunidade de degustar un dos produtos máis importantes da Mariña lucense en diferentes formatos, como en caldeirada, á galega ou en salsa verde son soamente algunhas das opcións.
A festa, declarada de interese turístico galego no 2013, está organizada polo Colectivo Chilindrín Penalba, de Celeiro. Nesta edición, conta con diferentes colaboradores como a Xunta de Galicia, Abanca ou Estrella Galicia, entre outros.
Esta festa supón cada ano un dos eventos gastronómicos máis importantes da comarca e espérase que neste 2023 aumenten aínda máis os seus comensais. A asociación organizadora insiste: “Non te quedes sen degustar os distintos pratos!”.
A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela promocionan os seus produtos pesqueiros máis representativos no Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que se está celebrando na Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra).
Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e, por iso, Burela participa un ano máis neste Salón Gastronómico.
Dentro do «Espazo Degustación» do Stand da Xunta de Galicia, e a campaña “O NOSO MAR, MARCA” a Consellería do Mar ten programadas diferentes catas e degustacións de produtos do mar de Galicia, entre os que destaca a Pescada do Pincho de Burela e o Bonito do Norte de Burela.
O venres ás 16:30h preséntase “Pescada do Pincho: a calidade captúrase con anzol...
leer más