Bonito
O Tapeo Bonito regresa esta semana, desde o xoves 16 ata o sábado 18, a Burela cunha nova edición na que participarán catorce establecementos hostaleiros da vila. Bares, cafeterías e restaurantes ofrecerán diferentes tapas e elaboracións co bonito do norte como protagonista, como preludio á Feira do Bonito, anuncia o Concello de Burela.
A presentación da iniciativa tivo lugar este martes coa participación da concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo e da presidenta da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, Rocío Rivera.
“O Tapeo Bonito permite seguir poñendo en valor o bonito do norte da man da hostalaría local, que cada ano se implica con propostas moi variadas para ofrecer ao público diferentes formas de degustar este produto”, destacou Patricia Eijo.
Nesta edición participan os...
leer másA Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia deu a coñecer este mércores o cartel anunciador da XXXIX Feira do Bonito de Burela, evento que terá lugar os días 2 e 3 de agosto, sábado e domingo, no porto burelés.
Ademais a presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, anuncia que o luns 28 de xullo levarase a cabo a presentación oficial do programa da feira ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
A Feira do Bonito de Burela é Festa de Interés Turístico Nacional desde o ano 2019.
A Xunta patrocina o concerto de Walls o sábado 3 de agosto en Burela no marco da programación da 38ª Feira do Bonito. O artista de música urbana procedente de Murcia actuará arredor das doce da noite na explanada portuaria.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asegurou que o Goberno galego fixo un importante esforzo económico para traer a este músico por petición expresa da asociación Ledicia, organizadora do evento. A feira, que se celebrará os días 3 e 4, conta tamén co apoio da Xunta para cubrir os gastos de organización e difusión, como é habitual.
Arias destacou o traballo de Ledicia e de todas as institucións e entidades colaboradoras por impulsar esta cita declarada Festa de Interese Turístico Nacional, “que constitúe un escaparate perfecto para exaltar a calidade do bonito de Burela e para...
leer másA Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres na presentación da XXXVIII Feira do Bonito e XXII da Feira Produart, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Burela. No acto tamén participaron a alcaldesa do municipio e Deputada de Economía, Facenda e Recadación de Contas, Carmela López; e a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera; entre outras autoridades.
O acto de presentación da cita incluíu cunha showcookingorganizada coa colaboración da Deputación, co obxectivo de impulsar a gastronomía local cara a celebración da feira que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de agosto. A sesión contou coa participación de destacados chefs da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo, que presentaron varios propostas culinarias en directo co bonito como...
leer másOs meses de xullo e agosto son abondosos en festas e romarías por toda Galicia, non quedando vila nin cidade sen o seu acontecemento.
No verán da Mariña de Lugo destaca, gastronómicamente, a Feira do Bonito de Burela que a falta de pequenos detalles ten o programa de actividades pechado. Arte, deporte e música serán o complemento perfecto a dúas xornadas gastronómicas dedicadas a ensalzar o Bonito de Burela, o Príncipe Azul do Cantábrico.
Desde Ledicia sinalan: “e non só o produto en sí, senón tamén un modo de vida e a historia da flota boniteira de Burela; así o pensou a persoa que será o pregoeiro desta XXXVIII Feira do Bonito: Julio López Quiroga, quen se define a si mesmo como un namorado do seu pobo e sempre, sempre, formalmente informal. Julio, nun intenso traballo de campo, recompilou datos para recordar...
leer másO Concello de Burela estará presente cun stand propio na Turexpo de Silleda, o salón turístico de Galicia, con ocasión da Semana Verde de Galicia que se celebra neste municipio pontevedrés.
O evento terá lugar a partir do xoves, día 30 de maio, e se prolongará ata o día 2 de xuño. Estaráadicadoá promocióndas festas de interese turístico, como é o caso da Feira do Bonito de Burela.
No stand do Concello de Burelapromocionarase a Feira do Bonito e os demais atractivos turísticos do municipio, e contará coa presencia da técnica de turismo para proporcionar informaciónáspersoasasistentes a Turexpo. Tamén estará exposta unha maqueta do Barco Museo “Reina del Carmen”.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, destaca “a importancia da promoción turística, a través de iniciativas como esta...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia, ultima a celebración da XXXVII Feira do Bonito para a vindeira fin de semana, 5 e 6 de agosto.
O programa da Feira dábase a coñecer a pasada semana case na sua totalidade, reservando unha novidade para esta recta final da espera que agardamos sorprenda a amig@s e visitantes: o vindeiro domingo dia 6, ademáis da xa consolidada degustación de marmitako, as persoas que se acheguen á festa poderan degustar unha tosta golosa, consistente nunha base de pan de bola do pais, ventresca de bonito asada e pemento de piquillo de elaboración artesana.
Un exquisito bocado do que se prepararán 350 racións ao prezo de 5 euros.
Desexando que as persoas que se acheguen a Burela esta semana disfruten con nós de todo o organizado, agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado, das...
O salón de plenos acolleu este mediodía a presentación da Feira do Bonito e de Produart, que terán lugar a primeira fin de semana de agosto. No acto participaron a alcaldesa, Carmela López, a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera, o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González Brais, e o director Xeral de Pesca, Antonio Basanta.
A continuación tivo lugar un showcooking, organizado pola Deputación Provincial de Lugo, na Praza do Concello, que contou coa participación dos cociñeiros Juan Rubinos, Carlos González e Pablo Vila, que elaboraron marmitako 2.0, tartar de bonito con millo tostado e pesto e bonito marinado, crema de tomate e cereixas encurtidas.
Na súa intervención a alcaldesa, Carmela López, sinalou que “xa son 37 anos celebrando unha forma de pescar tradicional e...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia comunica que o traballo gañador do concurso de carteis da XXXVII Feira do Bonito é o presentado por Shiva Eliska Alinda Nurhakim; e será a imaxe dos carteis e programas de man deste 2023.
Desde Ledicia felicitan á autora: “parabéns á autora e moitas grazas a tod@s @s participantes. Comeza unha conta atrás de pouco máis de un mes ...”.
Burela presentará a Feira do Bonito na vila gaditana de Tarifa. Será o 1 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor lembrou que “este ano fixemos a presentación en Fitur da Feira do Bonito, que é de interese turístico nacional, o que ten moita importancia para nosoutros e para iso se traballou durante moito tempo desde Ledicia, desde o Concello e todo o mundo, penso eu, do concello de Burela, porque a veciñanza sempre bota unha man para isto que nos representa e é unha referencia para todos nós”.
Llano explicou que “entón vimos facendo presentacións da Feira do Bonito en sitios singulares: xa fomos a Madrid, a Salamanca e o ano pasado a Montmeló. E en 2022 veu aquí o alcalde de Tarifa, que ten moito interese porque alí pescan o atún vermello, aquí capturamos o bonito do Norte e...
leer más












