Tapeo
O 15 de abril remata o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa.
A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio. O Ribadeo Sabe presenta importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga,...
leer másO Centro Histórico de Viveiro (CCHV) anuncia que ofrece para esta Semana Santa Tapeo de Cuaresma e visitas guiadas: “un ano máis seguimos ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 26 de marzo será Tapeo de Cuaresma, unha iniciativa posta en marcha en colaboración ca Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro e na que, por suposto, ó ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne. Este ano volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro. Esta é xa a dezaseisava edición, nada mais nin nada menos que 16 anos organizando estas visitas guiadas nunha das semanas mais importantes do ano na vila. Cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións, dende o primeiro ano que se puxeron en marcha, que foi no...
leer másO Concello de Trabada organiza unha nova edición do Tapeo de Trabada, unha iniciativa gastronómica que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo.
Nesta edición participarán tres locais, que ofrecerán diferentes propostas gastronómicas cun prezo por tapa de 2,50 euros, “permitindo á veciñanza e ás persoas visitantes desfrutar da gastronomía local nun ambiente de convivencia”, anuncia o Concello de Trabada
Os establecementos participantes son A Taberna da Curuxeira, que ofrecerá Tenreira da avoa e Petiscos de mar; Mesón Camiño Norte, con Milfollas de porco ó noso xeito e Cunca de flor mariñeira; e O Porfirio, onde haberá Albóndiga de merluza en salsa verde e Brochetas de cerdo ó noso estilo
Con esta iniciativa, o Concello de Trabada busca...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a hostalería de San Ciprián volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa Sanci Tapeando, que regresa este xoves, día 16 de outubro, ofrecendo unha nova oportunidade para gozar da gastronomía local “a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade”.
Esta proposta gastronómica, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne nesta edición aos establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar e Bodega De Ana.
A presentación tivo lugar na Casa da Cultura e contou coa presenza da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez e dunha representación dos locais participantes.
Durante todos os xoves cada establecemento ofrecerá unha tapa diferente e elaborada, ao prezo...
leer másO Concello de Burela presentou este martes no Barco Museo Reina del Carmen dúas das principais iniciativas culturais e gastronómicas para este verán: a quinta edición do Tapeo Bonito, que se celebrará esta fin de semana, e o programa de música en vivo Verán Bonito 2025, que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto.
No acto de presentación do Tapea Bonito estiveron presentes a alcaldesa, o concelleiro de Turismo e as concelleiras de Festas e de Comercio, hostaleiros e hostaleiras, a confraría de pescadores e representantes da asociación Ledicia, organizadora do evento. E en representación da asociación de hostalaría, que organiza o Verán Bonito, estivo o seu presidente acompañado dos citados concelleiros e concelleiras.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey,...
leer másO Salón dos Alcaldes acolleu a entrega dos premios do Ribadeo de Tapeo 2025. O do público foi para o Kalpa Amodiño.
O xurado profesional formado por profesores das escolas de hostalería de Foz e de Tapia decidiu que as mellores tapas foron:
1º premio - Restaurante El Oviedo (Lura en salsa)
2º premio - Kalpa Amodiño (Chaat-Eo de millo)
3º premio - Ramonita (salmón marinado á laranxa con pementos e tapioca)
As cociñeiras e responsables destes locais foron as encargadas de recoller os seus premios.
Kalpa Amodiño recibiu o premio á tapa doce polo seu Re-Poso de café e o premio do público pola tapa Chaat-Eo de millo.
Tamén foron entregados os seguintes premios ás persoas que votaron no Ribadeo de Tapeo 2025 a través do cartón ou da APP:
-O...
A tapa de El Oviedo (Lura en salsa) é a gañadora do Ribadeo de Tapeo 2025. Así o decidiu o xurado profesional. O 2º premio é para a proposta do Kalpa Amodiño (Chaat-Eo de millo) e o 3º para a tapa do Ramonita (Salmón marinado á laranxa con pementos e tapioca).
No caso da tapa doce o xurado profesional comunicou que a gañadora é tamén a do Kalpa Amodiño (Re-poso de café).
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, agradece “a participación e a implicación dos 21 establecementos que se deron cita no XVIII Ribadeo de Tapeo, que tivo lugar do 10 ao 18 de maio”.
Queda pendente por coñecerse a decisión do público que votou nos cartóns habilitados para este fin ou a través da app do Ribadeo de Tapeo: “a súa decisión coñecerémola dentro duns días, así como a data de entrega dos...
leer másA concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, dixo que “este sábado arrinca unha das citas máis agardadas da primavera no noso concello, o Ribadeo de Tapeo. Por diante teremos dez días para saborear todas as propostas doces e salgadas que poderemos atopar nos 21 establecementos participantes”.
A edil ribadense subliñou que “as tapas, que terán un prezo de 3 euros, serviranse durante un período de 4 horas ao día, que pode ser a mediodía, pola tarde ou unha combinación de ambas posibilidades, dando así a opción a todos os establecementos de hostalería e restauración a poder participar independentemente das súas condicións e posibilidades. Un xurado profesional elixirá as catro tapas gañadoras e haberá, como ven sendo habitual, a tapa do público, que será a máis votada pola clientela dos locais participantes no XVIII Ribadeo de Tapeo...
leer másDesde o CCH explican que “un ano máis seguimos ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 10 de Abril será Tapeo de Cuaresma, unha iniciativa posta en marcha en colaboración coa Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que por suposto, ao ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne”.
E seguen a relatar: “este ano volveremos realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro. Esta é xa a quinceava edición, nada mais nin nada menos que 15 anos organizando estas visitas guiadas nunha das semanas mais importantes do ano na vila, (só se cancelaron no ano 2020 por mor da pandemia). Cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións, dende o 2010 que foi o primeiro ano que puxeron en...
leer másAta o 14 de marzo está aberto o prazo de inscrición no XVIII Ribadeo de Tapeo, que terá lugar en maio.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, explicou que “poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración localizados en Ribadeo: bares, mesóns, restaurantes e cafeterías, que se inscriban e acepten as bases que poden atopar colgadas na web do noso concello: www.ribadeo.gal”.
A edil ribadense dixo que “este evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura das tapas e fomentar a calidade da gastronomía de Ribadeo. O XVIII Ribadeo de Tapeo terá lugar do 10 ao 18 de maio. Os participantes poderán presentar 1 tapa: salgada ou doce; ou dúas tapas, que deberán ser unha maridaxe entre salgada e doce. As preparacións poderán ser frías ou quentes...
leer más












