Premios
Acia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que desenvolverá do 29 de agosto ao 15 de setembro.
O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras no CCA de Foz por un importe superior aos dez euros participarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. Serán 10 premios de 50 euros cada un”. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 16 de setembro.
Paleo sinala que “deste xeito queremos premiar unha vez máis á fiel clientela do comercio de Foz, que para a volta ao cole aposta polos negocios locais, nos que ten a carón da súa casa. Nas librarías, nas tendas de deportes, nas de moda, nas de calzado… atoparán todo o que precisan para a chegada do outono e para o inicio do novo curso escolar. Mercando en Foz seguimos facendo...
leer másAcisa encherá as rúas de Ribadeo de actividades do 14 ao 31 de agosto coa campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que culminará co sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. A programación foi presentada este mediodía nas Catro Rúas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “esta nova campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, se vai desenvolver do 14 ao 31 de agosto e vai encher de actividades e de vida, aínda máis, esta vila e as súas rúas. Esta campaña, que é moi potente e moi importante, é posible grazas ao premio excepcional que esta asociación recibía hai unhas semanas por parte da Dirección Xeral de Comercio”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para chegar a iso, a ter unha das valoracións máis altas entre os proxectos presentados, houbo que elaborar un programa de actividades ambicioso e no que implicamos a moitas asociacións e...
O Salón dos Alcaldes acolleu a entrega dos premios do Ribadeo de Tapeo 2025. O do público foi para o Kalpa Amodiño.
O xurado profesional formado por profesores das escolas de hostalería de Foz e de Tapia decidiu que as mellores tapas foron:
1º premio - Restaurante El Oviedo (Lura en salsa)
2º premio - Kalpa Amodiño (Chaat-Eo de millo)
3º premio - Ramonita (salmón marinado á laranxa con pementos e tapioca)
As cociñeiras e responsables destes locais foron as encargadas de recoller os seus premios.
Kalpa Amodiño recibiu o premio á tapa doce polo seu Re-Poso de café e o premio do público pola tapa Chaat-Eo de millo.
Tamén foron entregados os seguintes premios ás persoas que votaron no Ribadeo de Tapeo 2025 a través do cartón ou da APP:
-O...
Entregados los vales de compra sorteados por Acisa y el Ribadeo FC en esta campaña de colaboración entre ambas entidades. En juego se pusieron 800 euros en vales de compra para consumir en los establecimientos asociados al colectivo empresarial.
Ana Fernández López, de Ribadeo, es la poseedora de la papeleta número 988 y por tanto la ganadora del premio de 200 euros.
Mayra Fernanda, de Ribadeo, poseedora de la papeleta número 1515 es la ganadora del premio de 150 euros.
Antonio Fernández, de Ribadeo, poseedor de la papeleta número 515 es el ganador del premio de 50 euros, que fue recogido en las instalaciones de Acisa por su hermana.
Y Carmen Rivero, de A Pontenova, es la poseedora de la papeleta número 812, dotada de un premio de 50 euros.
El tercer...
leer másEste venres, 23 de maio, ás 18:30 horas, o Salón de Plenos do Concello de Burela acollerá o acto de entrega dos premios do XI Concurso “21 de marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial”. A convocatoria, impulsada pola área de Inmigración, Cooperación e Integración, mantense como un referente local no fomento da igualdade e da reflexión social a través da expresión artística.
O xurado, composto por representantes da área de Inmigración, Cultura, Igualdade e Atención a Inmigrantes, reuniuse o pasado 5 de maio para avaliar os traballos presentados nesta edición, que contou cun total de 25 participantes distribuídos en dúas categorías de idade: de 6 a 12 anos e de 18 anos en diante.
Nesta ocasión, os premios recoñeceron a calidade e a sensibilidade de catro traballos, destacando a...
leer másA asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña con 45.000 premios.
Esta é a segunda edición da campaña que se realizou por primeira vez en novembro, e que debido ó bó resultado e acollida entre os clientes agora vólvese a desenvolver.
Pero esta vez con mais negocios participantes, sendo un total de 56 e aumentando tamén os premios, que pasan de 20.000 na edición anterior a ser agora mesmo 45.000.
Este tipo de tarxetas con premios son un incentivo promocional moi exitoso, e cumpren un dobre obxectivo, por un lado fomentar as ventas no comercio local e por outro premiar a fidelidade dos clientes.
Serán un total de 56 negocios participantes de tódolos sectores, polo que os premios serán moi variados. Participan...
leer másMondoñedo entregará os premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 e haberá un espectáculo de monicreques este sábado, día 29 de marzo. Será ás 17:00 horas no auditorio Pascual Veiga.
O Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo anuncia: “seguimos coas actividades conmemorativas do 8M e o sábado 29 de marzo terá lugar a entrega de premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 no Auditorio Pascual Veiga a partir das 17 horas. A continuación terá lugar un espectáculo de títeres sobre conciliación e igualdade titulado Bebé…, ofrecido por Mircromina Títeres. Este evento é aberto a todos os públicos”.
Acisa entregou os premios da campaña do dia do pai. As persoas afortunadas son veciñas de Ribadeo e da localidade asturiana de Navia.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “Paula Acevedo Fernández, Rocío Méndez Iglesias e Iván Fernandez Rodriguez, foron os gañadores dos premios da campaña do dia do pai de Acisa Ribadeo, aos que lles fixemos entrega dos seus agasallos. Desde a asociación queremos felicitalos e darlles as grazas por mercar no comercio local”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Paula Acevedo resultou agraciada cunha experiencia de desconexión dunha noite con almorzo e cea romántica para dúas persoas a escoller entre 1560 destinos; Rocío Méndez foi a gañadora dunha cea para dúas persoas no restaurante La Solana valorada en 120 euros; e Ivan Fernández gozará dunha visita guiada...
leer másAciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolveu do 1 ao 14 de febreiro.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Os números premiados foron o 7148 (entregado en Ferretería Fuente); o 4527 (entregado en Centro Dietético Alba Vila); o 246 (entregado en Hola Ola); o 20782 (entregado en Pastelería Anduriña); e o 22368 (entregado en Librería A Rapadoira).
As persoas afortunadas deben poñerse en contacto con AciaFozCCA para solicitar os seus premios. Trátase de 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un. “Deste xeito contribuiremos a dinamizar as compras nos negocios de Foz as vindeiras semanas...
leer másA campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro en colaboración ca área de Comercio do Concello de Viveiro, continúa nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades.
Desde o CCH explican que “ata o 7 de xaneiro sigue en marcha un concurso de Selfies na árbore de Nadal ubicada na Praza Maior con premios e sorpresas para as fotos máis divertidas. Participar é moi sinxelo, só hai que subir a foto ás redes sociais e etiquetar a @viveirocentro. A Casiña de Papá Noel, instalada nos Xardín Noriega Varela está funcionando en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde do 21 ó 23 de decembro e o dia 24 o horario será de 16 a 19h. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas...
leer más