Premios
Hoxe foi entregado o premio non presencial da XII Festa do Comercio de Acisa de Ribadeo. O afortunado con 250 euros en vales de compra é un veciño da localidade asturiana de Tapia de Casariego. Manuel Ángel Pérez López disporá de dous meses para poder gastar o seu premio nos locais asociados a Acisa.
En total a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos repartiu 4.000 euros en vales de compra na XII Festa do Comercio, que se celebrou o pasado 14 de xaneiro nunha carpa instalada no parque de San Francisco, “unha cita que reuniu a milleiros de persoas despois de dous anos sen poder realizarse por mor da pandemia da covid”, explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Os premios repartidos entre catro afortunadas ribadenses foron: 1 de 2.000 euros, 1 de 1.500 euros, 1 de 500 euros e 1 de 250 euros,...
leer másNa noite de onte, sábado, nun multiusos ateigado de público celebrouse a gala de entrega de premios do IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. O premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros, recaeu na obra E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo.
O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra. O premio Ana, á mellor actriz, logrouno Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor posta en escena levouno a obra Fátum, de Catre Teatro, de As Pontes. O premio ao mellor actor de reparto recaeu en Juan Rodríguez, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor actriz de reparto estivo compartido polas actrices de Catre Teatro Mª José Alonso, Dolores Alonso e Carolina Díguele. E, por último, o premio especial do público foi para a obra Vivan...
leer másReunido o xurado do IV Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados aos premios das distintas categorías.
Os elixidos son estes:
Para o premio Conde Santo á mellor representación (dotado con 750 euros e trofeo): Catre Teatro, de As Pontes, coa obra Fátum; Ollomao, de Barreiros, coa obra O documento; e Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra E se todo se reducise ao amor.
Para o premio Lourenzo ao mellor actor (dotado con trofeo): Dani García, de Ollomao, de Barreiros; Xacobe Martínez, de Os Palimoquiños, de Lugo; e Xulio Leal, de Avelaíña, de Pontevedra
Para o premio Ana á mellor actriz (dotado con trofeo): Carolina Díguele, de Catre Teatro, de As Pontes; Luisa Oroza, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz); e Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros.
Para o premio á mellor posta en escena (dotado con...
O vindeiro venres, 11 de novembro, terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela a entrega dos premios aos gañadores de Musicarte 2022, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés contou que “la Delegación de Cultura de Burela anuncia que este viernes a las ocho de la tarde en el salón de plenos del Concello vamos a hacer entrega de los premios de Musicarte 2022 a las escuelas de música y a los adultos no profesionales que resultaron ganadores tras la decisión del jurado de este año, que estuvo presidido, una vez más, por la actriz mariñana Estíbaliz Veiga”.
Díaz convida a asistir a ese acto: “invitar a quien se quiera acercar para ver a los ganadores de este certamen; pueden acceder sin ningún problema al salón de plenos del Concello este viernes a las ocho de la...
leer másA Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos a sesión extraordinaria deste órgano participativo e consultivo na que se fallaron os terceiros premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia. Ademais, esta edición recoñecerá tamén a sustentabilidade co premio de Turismo Sostible, exclusivo desta edición ao estar enmarcado dentro das accións que a Deputación de Lugo leva a cabo como antesala do evento Copa España Creativa - Fórum Lugo 2022.
Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense, o xurado distinguiu á Asociación Veciños de Vilachá de Salvadur; a Ruta da Faba de Lourenzá; ea Fundación Xosé Soto de Fión, e na de ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense gañou o Consello Regulador da DO...
leer másLos ganadores de los premios de Acisa sorteados anoche en el Guateque pueden reclamarlos hasta el próximo viernes, 2 de septiembre, en las oficinas de la asociación de 9:30 a 14:30 horas.
La música y la moda de los años 60 y 70 llenaron anoche de sonido, de luz y de un ambiente vintage el Parque de San Francisco. Una multitud disfrutó del Guateque organizado por la comisión de fiestas de Ribadeo y con el que colaboró la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo.
Todas aquellas personas que realizaron compras en el comercio local o consumieron en la hostelería entre el 20 y el 27 de agosto por importes de más de 50 euros pudieron presentar dichos tickets y obtener un descuento de un euro en las consumiciones del Guateque. Y además recibieron papeletas para entrar en el sorteo de...
leer másO Concello de Burela entregou os premios do VI Certame Internacional de pintura mural Amarte, do que saíu vencedor o madrileño Paulino Borreguero. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o edil de Cultura, José Díaz, fixeron entrega do galardón, con 1.600 euros para o primeiro premio, ao mural titulado "El cazador cazado".
Oniel Rodríguez, de orixe cubano, fíxose co segundo premio, valorado en 800 euros, coa súa obra "Adiós para siempre", e o terceiro premio de 500 euros foi para o salmantino Jorge Aka Nego, por "El nudo y el marinero".
A entrega de premios á que asistiron distintas autoridades e representantes da Asociación Ledicia foi o colofón final desta Feira do Bonito que marcou un récord de asistencia e que estreou o título acadado no 2019 como Feira de Interese Trístico Nacional.
A...
leer másO Concello de Foz finaliza este venres, 1 de xullo, o I Certame de Teatro Afeccionado coa entrega de premios.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “despois de poder desfrutar das obras de cinco das seis compañías focenses, o público e o xurado emitiron o seu ditame. E a entrega de premios será este venres no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 19:30 horas. O acto será presentado polo actor Avelino González, que formou parte do xurado e estivo presente en todas as representacións que se levaron a cabo”.
As categorías que se fallaron son as de: mellor actriz e actor, mellor guión, mellor posta en escena, mellor dirección e mellor representación (primeiro e segundo lugar). O venres entregaranse as figuras especiais creadas polo ceramista Otero Regal para este certame.












