AciaFozCCA sortea 1.500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que ten lugar do 3 ao 14 de febreiro.

AciaFozCCA sortea 1.500 en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que ten lugar do 3 ao 14 de febreiro. 
 
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “aquelas persoas que estes días merquen nos 70 negocios que participan na campaña do día dos namorados entrarán no sorteo dos 20 premios que realizaremos o vindeiro 17 de febreiro ás 11 da mañá a través de Radio Foz”.
 
Paleo indicou que “son 10 vales de compra de 100 euros cada un e outros 10 vales de compra de 50 euros cada un”. E engadiu “agardamos que a xente faga as súas compras destas datas nos negocios locais, porque o comercio fai pobo”.
 
A campaña foi presentada nas últimas horas polo alcalde, Fran Cajoto, polo concelleiro de Comercio, Chema Linares, e polo presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo. 
 
San Valentín tamén conta en Foz cunha nova edición dos doces afrodisíacos que ofrecerán Xoyma e Amarena do 11 ao 14 de febreiro. 
 
Baristas
AciaFozCCA colabora co IES de Foz durante o Campionato Internacional de Baristas, que se celebrará a vindeira semana. Varios establecementos hostaleiros asociados ofrecerán cafés especiais do 6 ao 12 de febreiro. Trátase de Augas Santas, Dandy, Marexada, O Muelle, Pizzería Xoíña, Tangarte e Xoyma. 
 
Entroido
Ademais a Asociación de Comerciantes focense anima a gozar do Entroido de Foz e faino coa cartelería distribuída entre os seus asociados e asociadas. Isto é Foz. Aquí hai Carnaval foi o slogan elixido para a ocasión nunha vila que durante meses prepara o seu Entroido coa elección do Rei ou da Raíña, coa súa coroación e co desfile, que é un referente en toda contorna e en toda a provincia. 
 
AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz para a organización de todas estas actividades.