San Valentín
Acia Foz-CCA sorteou hoxe os premios da campaña de San Valentín: 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.
Ao número 17470, papeleta repartida en Fauna, correspondeulle o cofre coa escapada romántica; e catro números resultaron agraciados con 100 euros en vales de compra cada uno. Son o 8784, entregado en Xoguetería Bahía; o 12641, distribuído en Mapfre; o 3994, repartido en Hedra; e o 4361, entregado en Chinela.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa asistencia do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que felicitou ás persoas afortunadas e agradeceu “a súa confianza e fidelidade nos negocios locais para esta tradicional cita e para as vindeiras campañas nas que estamos a traballar”.
Acia Foz-CCA contou para a...
leer másEn Acisa foron sorteados esta tarde e entregados os premios da campaña de San Valentín.
Roberto Rivas, de Ribadeo, é o gañador da estancia dunha noite no Hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, e visita a Bodegas Docampo. A súa papeleta foille entregada en Ribamueble.
E Marisa Leirado, de Foz, é a gañadora da experiencia romántica a elixir entre 750 posibles destinos. A papeleta afortunada recibiuna por unha compra realizada en Dándara.
O sorteo, non presencial, tivo lugar esta tarde nas instalacións de Acisa Ribadeo, onde xa foron entregados os premios aos gañadores. No acto participaron a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradecen “a fidelidade no comercio local ribadense unha vez máis”. A campaña de San Valentín, na que se repartiron 10.000 papeletas, tivo lugar...
leer másDesde este venres ata o domingo 15 de febreiro tres pastelerías de Foz ofrecen doces afrodisíacos para celebrar San Valentín. Trátase de Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma.
A xa tradicional iniciativa forma parte da campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto de Foz, que ademais sortea 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, sinalou: “chega outro clásico que sempre sorprende polo Día dos Namorados. Son as propostas afrodisíacas que prepararon para a ocasión tres pastelerías de Foz co fin de darlle un toque orixinal e doce a esta cita. Durante tres días: hoxe, mañá e o domingo as persoas que o desexen poderán saborear os seus doces especiais”.
A campaña de San Valentín de Acia Foz-CCA deu comezo o pasado día 2 e...
leer másBurela celebrará un baile de Entroido e San Valentín este sábado, día 14 de febreiro. Será na carpa instalada na Praza da Mariña desde as 23:30 horas ata as 04:00 da madrugada e haberá música en directo.
É un evento organizado para colaborar coas festas patronais de Burela e a comisión anuncia: “ven disfrazado/a, trae á túa xente e baila ata que o corpo aguante”.
Dende Acisa con amor é a campaña de San Valentín que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 5 ao 15 de febreiro. Acisa sorteará 1 experiencia dunha noite con cea romántica para dúas persoas a escoller entre 750 destinos e 1 noite no hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, con visita a Bodegas Docampo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear 1 experiencia dunha noite con cea romántica para dúas persoas a escoller entre 750 destinos e 1 noite no hotel Pazo Carballo, de Ribadavia, con visita a Bodegas Docampo, a desfrutar en noite de venres ou de sábado no mes de maio. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal, e agora que estamos en plenas...
leer másTodo está listo en Foz para a celebración de San Valentín. O Centro Comercial Aberto celebrará esta data sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica. A campaña desenvólvese entre os días 2 e 18 de febreiro.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, conta que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. O sorteo farémolo en Radio Foz o día 19 de febreiro”.
Paleo anima “a apostar unha vez máis polos negocios locais nos que podemos atopar todo o que precisamos par sorprender ás nosas parellas. Na hostalería de Foz tamén haberá propostas gastronómicas para celebrar o día de San Valentín”.
... leer másA Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha ten en marcha a campaña denominada Ruta do Comercio con Amor, que repartirá fantásticos premios. “Baixo o lema Namórate do Comercio Local Mercando aquí lanzamos esta campaña de dinamización comercial que comezou este luns, 2 de febreiro, e rematará o 19 deste mes”, explica o CCH Viveiro, que engade: “os interesados en participar na Ruta do Comercio con Amor poderán recoller en calquera negocio asociado o Pasaporte do Comercio, onde figuran 10 casillas para completar con selos de establecementos diferentes. Por cada compra realizada entre o 2 e o 19 de febreiro en calquera negocio asociado, estamparase un selo en dito pasaporte. O obxectivo é conseguir a maior cantidade de selos de diferentes negocios”.
Tamén anuncia que “o día 19 de...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. O sorteo farémolo en Radio Foz o día 19 de febreiro”.
Paleo anima “a apostar unha vez máis polos negocios locais nos que podemos atopar todo o que precisamos par sorprender ás nosas parellas. Na hostalería de Foz tamén haberá propostas gastronómicas para celebrar o día de San Valentín”.
Outro clásico destas datas é o doce afrodisíaco, unha cita na que participan Anduriña, Los Dulces de...
leer másAciaFozCCA sorteou hoxe 500 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolveu do 1 ao 14 de febreiro.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz con asistencia da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade. A cita foi conducida por Anxo Rivas.
Os números premiados foron o 7148 (entregado en Ferretería Fuente); o 4527 (entregado en Centro Dietético Alba Vila); o 246 (entregado en Hola Ola); o 20782 (entregado en Pastelería Anduriña); e o 22368 (entregado en Librería A Rapadoira).
As persoas afortunadas deben poñerse en contacto con AciaFozCCA para solicitar os seus premios. Trátase de 5 vales de compra por importe de 100 euros cada un. “Deste xeito contribuiremos a dinamizar as compras nos negocios de Foz as vindeiras semanas...
leer másAta o 16 de febreiro segue a campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, que daba comezo o pasado día 6. A asociación ribadense sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. O sorteo non presencial destes agasallos será o 19 de febreiro nas instalacións de Acisa Ribadeo, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado entre o 6 e o 16 deste mes de febreiro”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “foron repartidas 9.000 papeletas nesta campaña, 1.000 mais que o ano pasado. O sorteo será gravado en vídeo e colgado nas nosas redes sociais de Acisa...
leer más












