Doces afrodisíacos

13/02/2026

Desde este venres ata o domingo 15 de febreiro tres pastelerías de Foz ofrecen doces afrodisíacos para celebrar San Valentín. Trátase de Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma.

A xa tradicional iniciativa forma parte da campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto de Foz, que ademais sortea 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, sinalou: “chega outro clásico que sempre sorprende polo Día dos Namorados. Son as propostas afrodisíacas que prepararon para a ocasión tres pastelerías de Foz co fin de darlle un toque orixinal e doce a esta cita. Durante tres días: hoxe, mañá e o domingo as persoas que o desexen poderán saborear os seus doces especiais”.

A campaña de San Valentín de Acia Foz-CCA deu comezo o pasado día 2 e...

leer más