Xigante
Xa está aberto ao público o belén 'Viveiro ante o berce' no atrio da Igrexa de Santa María de Viveiro.
O belén considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
"O belén é un dos referentes do Nadal da Mariña e de Galicia, e constitúe un importante reclamo turístico e cultural para o municipio. A súa relevancia atrae a unha gran cantidade de visitantes, o que supón un impulso económico destacable para a economía local", asegurou a alcaldesa, María Loureiro.
Viveiro ante o berce estará aberto ata o 14 de xaneiro.
O Belén Xigante de Xove acaba de abrir as súas portas a todo o público. Está instalado, coma nos últimos anos, no parque municipal que está situado fronte ao Concello.
Vai estar aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día, co cal as posibilidades de poder velo son infinitas.
Dende o Concello “invitamos a todos os nosos veciños e veciñas e visitantes a que disfruten do Nadal e do Belén Xigante de Xove.