Escritura
O Concello de Burela organiza nos meses de outubro e novembrodousobradoiros de escritura creativa coa autora burelá Antía Yáñez.
Os sábados 5, 19 e 26 de outubro será para adultos e os sábados 9, 16 e 23 de novembro para mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. As sesións serán na biblioteca municipal e con prazas limitadas (12 por curso).
“Un pracer para o Concello realizar iniciativas coma esta, especialmente cando contamos cunhaveciña e escritora da talla de Antía Yáñez, referente na literatura galega contemporánea”, asegura a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Estas actividades non só fomentan a creación literaria, senón que taméncontribúen a enriquecer a vida cultural do pobo e estimular a creatividade da nosacomunidade”, engade Gómez, que agradece “a Antía a súa disposición para...
leer másO colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza un taller de escritura que será impartido pola escritora Lucía Ferro. Co título “Como consigo rematar unha historia?” desenvolverase no Centro Social de Ribadeo en seis sesións, que serán os luns 4, 11 e 18 de decembro e 8, 15 e 22 de xaneiro ás 19:00 horas.
Esta actividade é para maiores de 16 anos, o prezo é de 23 euros por persoa e as prazas son limitadas.
As persoas interesadas poden obter máis información contactando coa organización a través do teléfono 686.812.959.
Este mes de setembro comeza na Librería Bahía, en Foz, un Taller de Escritura dirixido polo poeta Eduardo Estevez.
Está dirixido a homes, mulleres, rapazas e rapaces de 13 anos en diante –non hai idade límite por enriba- que lles guste escribir ou que lles gustaría facelo, pero non saben moi ben como empezar.
Vaise desenvolver durante todo o curso en dúas sesión mensuais os venres ás oito e media da tarde.
O próximo 29 de setembro ás oito e media dará comezo cunha sesión de presentación aberta para aquelas persoas que queiran achegarse e ver de qué se trata e tamén para as que xa están apuntadas e teñen claro que queren participar.
Eduardo Estevez ten publicados varios libros de poesía, un deles en colaboración co fotógrafo laurentino Nachok, e dirixe talleres...
leer más